A Xunta traballa nunha fusión das caixas galegas

Desde que se filtrou a intención de Caixa Madrid de fusionarse con Caixa Galicia, os movementos políticos e económicos dunha e outra banda non pararon...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/09/2009 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

None

E a posibilidade de fusións non só é exclusiva de Galicia. En Cataluña, Caixa Catalunya, Caixa Girona e Caixa Tarragona barallan esta posibilidade dende hai tempo e en Castela e León xa tomaron o mesmo camiño Caja Duero, Caja España e Caja Burgos.

A peculiaridade do caso galego é a tutelaxe que o poder político está a exercer nesta futura operación.Nos últimos días, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que fai unhas semanas amosabase moi prudente, insistiu nos beneficios dunha futura fusión e fixo especial fincapé na necesidade de unidade das caixas galegas para facer fronte a crises e a outras operacións financieiras. Facía referencia a posibilidade de que sexa o Banco de España quen interveña para impoñer fusións e evitar as situacións delicadas que atravesan algunhas caixas.

Segundo informacións de Caixanova chegadas a GC, os principais dirixentes da Xunta, con Núñez Feijóo á cabeza, teñen abordado a cuestión co presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez. A caixa coruñesa ve con moi bos ollos a fusión pero hai reticencia no caso da gran caixa do Sur. Os principais problemas están nos reaxustes que hai que facer; sedes sociais e reaxuste de altos cargos. Precisamente, é nesta última cuestión, onde se presentan novos atrancos, sobre todo, sobre o futuro de Gayoso na nova corporación. Por iso, as súas reticencias a unha fusión xa que conlevaría un cambio da súa actual posición e unha perda de influencia de Caixanova na futura caixa.

Unhas reticencias que se basean no contido das conversas iniciais, xa que hai informes sobre a división do entramado económico da nova entidade que deixaría a Coruña como centro económico; Vigo como sede da corporación industrial e Santiago, da obra social.

Outro recente estudio do Banco Santander xa aportaba datos sobre unha hipotética fusión das dúas caixas e as súas conclusións son elocuentes. A nova entidade revalorizariase entre un 30 e un 50% e valería uns 5.200 millóns de euros, cunha cota de mercado español do 3,4% e do galego do 35%.  Datos que, con outros de índole interna, teñen manexado na Xunta para animar aos principais protagonistas desta fusión a decidirse.

Nos vindeiros días haberá movementos importantes. As conversas entre caixas e Xunta continuarán e xa están sendo informados os grandes empresarios para tentar respaldar esta operación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

8 un

Andades a decir por ahi que o PP non aturaria facer negocios ca Caixa, pois preguntadelle a Rato e xa veredes, todos istes son capazes de aliarse pra o seu propio beneficio, Galiza lles importa como moeda de cambio.

7 Pardo de Cela

Resulta que a runrun da fusión coa caixa de Madrid parteu de Cristobal Montoro (pp) e dun estudo de Caja Madrid.
Si fose La Caixa, a BBK, a CAM ou Caja de Extremadura, diría o mesmo. Non entendo a que ven o comentario, nin que se poida deducir do meu comentario.

6 un calquera

Non anónimo, eses prexuizos son os prexuizos do PPdG non os do nacionalismo.
Para o nacionalismo galego o importante é unha fusión das caixas galegas, fusión de calquera con cajamadrid, cajaasturias ou con LaCaixa ou Caixacatalunya a mesma merda é.
O contrario que pasa cos do PP que nunca tolerarían unha fusión "cos cataláns" mais non verían de todo mal, como dixo Rajoy, da fusión con cajamadrid.
Perder fenosa foi unha putada. Mais algúns do PP sentiron que se perdera fenosa cando a mercou Gas Natural, cando Fenosa estaba en MAdrid non sabían que xa estaba perdida. Ese é o problema da dereita galega¡¡, e así lle vai ó pais.

5 anónimo

E logo, pardo de cela, se fose por exemplo, mmmmmmmmmmm, Caixa d'estalvis (La Caixa) ou Kutxa, non pasaba nada? xa non estaría tan mal o tema? ou os malos sempre teñen que ter o apelido Madrí?

4 anonimus

Ben polo goberno! Que Caixa Madrid se fixe noutras caixas que o goberno galego falou claro