Temas: FERNáN VELLO

Polémica en Sarria pola anulación dun convencio coa editorial que dirixiu o deputado Fernán Vello

Os votos do PP e a abstención de antigos concelleiros de CxG provocaron que se lle retire a publicación do premio Fiz Vergara Vilariño á editorial Espiral Maior. A Agrupación cultural Ergueitos critica que se intente politizar a cultura.

Por Galicia Confidencial | Sarria | 03/10/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A cultura acaba de ser politizada en Sarria. Iso é o que opina a agrupación cultural Ergueitos de Sarria que defende que a obra gañadora do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño continúe sendo publicada pola editorial Espiral Maior. O colectivo fixo esta petición despois de que o pleno reprobase o xoves ao deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello polos seus comentarios sobre os galegos como pobo "alienado" tras os resultados das eleccións autonómicas do pasado domingo.

A profesora e estudosa Teresa Seara con Miguel Anxo Fernán Vello, cuxa obra poética foi motivo dunha tese doutoral
A profesora e estudosa Teresa Seara con Miguel Anxo Fernán Vello, cuxa obra poética foi motivo dunha tese doutoral

Así, o pleno do concello aprobou cos votos a favor do PP e de ex concelleiros de CxG e o voto en contra de PSdeG e BNG, modificar as bases do galardón para que a obra gañadora non sexa publicada a partir de agora por esa editorial.

“Reprobar as declaracións do deputado é unha decisión máis do xogo no que se entra non exercicio da política", salientou a presidenta de Ergueitos, María Casar, que considera que vincular esas declaracións do deputado co premio Fiz Vergara Vilariño é "un despropósito".

Ademais, afirmou que desde hai uns meses Fernán Vello non ten responsabilidade de dirección na editorial. "Espiral Maior ten un administrador que non é Fernán Vello, ou non forma parte da estrutura da editorial. Así esta escriturado e así consta no rexistro mercantil. É bo documentarse", manifestou Casar nun comunicado.

Poesía, cultura e debate político

Así, destaca que para reprobar a Espiral Maior deberíanse empregar argumentos que afecten ao cumprimento dos seus deberes neste premio; “da consecución dos compromisos adquiridos e do desenvolvemento do estipulado nas bases”. Así, lembra que forma parte das bases que  a obra premiada será editada en Espiral Maior porque é unha editorial de recoñecido prestixio, valorada polas poetas como a mellor plataforma para chegar ao público lector.

“Cuns case 300 títulos editados na colección na que se inclúe o Fiz Vergara de poesía e cen máis noutras coleccións. Con 25 anos de dedicación á edición de poesía que fan dela un aval para o premio”, apunta. “Non só estamos tratando da empresa editorial Espiral Maior. Estamos falando do Premio que nos enriquece como concello e como comarca e que vai unido indefectiblemente ao nome de Sarria. A poesía e a cultura están por riba deste debate político. Porque son iso: poesía, cultura, palabra escrita que se vai pero permanece”, conclúe. 

Temas: FERNáN VELLO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 TED FLANDERS

Fernán Vello Fernán Vello....qué creido que lo tuviste! Escuchaste agitar las melenas del viejo profeta y pensante que eran de león ....y solo son de mofeta!!

1 Untu de osu

Sublime. É tan bonito o que dis que xa vou pasar un día magnïfico. Que poucas palabras e que acertadas. Grazas.

3 House

O do PP de Sarria é revanchismo e sectarismo político. Fernán-Vello patinou e moito e deberá pagalo politicamente, pero unha institución non pode pagalo desta maneira atacando a unha editorial destacada das letras galegas. O mesmo PP que fai isto calou a boca cando Baltar pai cantou aquilo de "Se non es do PP, jodete jodete". E isto, en Ourense, non é unha brincadeira, ben o saben os opositores que non compiten en igualdade de condicións cos enchufados, ben o saben os veciños que ven como nos concellos do PP sofren as represalias (menos servizos ás súas casas, presións por iren noutras listas, os fillos sen traballo nas brigadas, etc.). Iso si é grave.

2 Gamela

tuits e premios a parte, este home non debe saber como se cubre a Declaración de Bens e Rentas... ou é que nos toma a todos por pavos? http://www.congreso.es/docbienes/le...

1 anonimo

De isto vai este post Fernán Vello Rosa días e Castelao http://elblogdeglorialago.blogspot....