tontodocú, se estamos a falar de cifras o galego forma parte dos sistema galego-portugués, é unha língua falada por máis 200 millóns de persoas no planeta. O inglés é hoxe a língua franca do mundo, o español apenas sirve para darlle a mordida aos axentes de fronteiras en El Paso. E cando realmente leves ao teu fillo a receber aulas de chinés porque lle vai ir mellor na vida que aprendendo galego-portugués,avisa, que vai meu filho tamén. El País-Madrid podería ir oferecendo unhas páxinas en mandarín, para ir facendo boca. Xa o estará facendo, ou?
A relevancia do español en Europa é cero absoluto.
Falando de El País, ainda me lembro hai pouco máis dun ano cando lles entrou a teima con que Brasil pasaría a falar espanholo en 2050. Estiveron con esa macana durante semanas. E claro, sempre hai xente que pica.
Canto aos cartos públicos na imprensa galega: é que na realidade todas as empresas xornalísticas desta Galiza son, realmente, empresas que viven dos cartos públicos. Non hai unha soa cabeceira das oito que até onte había na Galiza que non se sosteña con dinheiro público, muito especialmente La Voz, que por facer até lle fixeron o seu centro "intelixente" en Arteixo con fundos da Xunta.
Cantos xornais poderían manterse sen subvencións directas da Xunta e, en menor medida, dos distintos concelhos ou deputacións? Nengún. Así que as subvención a El País-Galicia, nese sentido, non son caso excepcional.
Mais info sobre subvencións directas a xornais en La Voz en El Correo/O Correo.