E con Camilo estarán os seus colegas na Sicav de Luxemburgo? Supoño que compañeiros tan decentes non poderán faltar! Miguel Arias Cañete, Elena Valenciano, Rosa Miguelez, Francisco Millán Mon, Antolín Sánchez Presedo, José Manuel García-Margallo, Carmen Fraga, Josep Borrell, Vidal-Quadras, Mayor Oreja, Rosa Díez e Cristobal Montoro. Tamén Willy Meyer, o arrepentido, que non esquecemos! Todos os beneficiados da gran trincada legal ! E Pontón e Villares aplaudindo as Sicavs de Luxemburgo! Sen decencia non hai futuro!
Con Camilo estou eu... por iso de que nin sabes o que é unha Sicav. Se non tes mais crítica que esa debe ser un santo.
A participación de
Camilo Nogueira na SICAV de Luxemburgo son feitos, polos que ninguén pediu disculpas.
Por certo, dos paraísos das SICAVS podes informarte:
http://www.infolibre.es/noticias/po... ou podes seguir exercendo de taparrabos.
Agarda, rabachol. En serio sabes o que é unha sicav?. Porque semella que crés que é unha vantaxe, cando o que se está a facer é diferir o pago de impostos, tal e como fan todolos días os que invisten en fondos de pensións con beneficios fiscais no IRPF e pode ser unha ruina se as cousas van mal (como foi o caso ao ter perdas). Se quere que deixen de esistir polo SITIO onde se inviste non polo feito de ser ou non ilegais. Eso é todo o que tés?...Nin lés ben as vinculacións que amosas.
Estupendo taparrabos, non é so o “sitio” a cuestión. O teu argumento é vello, por gastado, o dos economistas liberais: permitir tributar ao 1%, en lugar do 35%, e cando un participe saca o diñeiro da SICAV paga impostos pola plusvalía. O argumento da dobre imposición tén un problema, é cando un inversor particular emprega a figura de unha persoa xurídica para saltalo. Sabes que a SICAV proporciona ao dono posibilidades que, como inversores particulares, non temos os demais. Riste da igualdade? Exemplos: un particular paga cada ano, os teus defendidos pagan polos beneficios das inversións realizadas no momento de sacar o diñeiro da SICAV, cousa que pode non suceder nunca, ou dentro de 30 anos, ou pasar a outro paraíso fiscal a nome dun testaferro… E tamén, se non sacas o diñeiro das SICAV, podes compensar plusvalías e minusvalías por décadas. Os particulares non temos esas ventaxas para o IRPF.
Impresionante: os taparrabos da presunta esquerda usando argumentos dos economistas liberais! Os argumentos da dereita pura e dura! Todo pola pasta! Os taparrabos hai uns meses negando a participación de Camilo Nogueira na SICAV, hoxe facendo pasar por boa unha fórmula de "fraude legal" (BNG), mañá o que vos manden...
Tí es un pouco fanático, non si? Dende cándo tributan os fondos de inversión cada ano? Tés probas de que Camilo Nogueira cometeu algunha irregularidade ou simplemente e isto o que tés e te das autobombo? Puxo Camilo a familiares ou falas dos demáis?. TODO plan de pensións é pagadeiro ao final, compensando perdas e ganancias, ou non? Se eu argumento co capital, con qué argumentas tí? A min non me veñas, purista PPSOEIRO, con ese conto vello de que todos son iguais e por iso non hai que votar BNG. Tés probas de algo ilegal e denunciable sobre Camilo ou non? Era unha cuestión que lles ofrecían a todos ou non? Era promovido pola CE ou non? Tés gañas de falar? Veña ho!
Sabemos que as Sicav son entidades que pretenden burlar as obrigacións fiscais, que os eurodeputados coñecen que este produto financieiro, do que se benefician, se formalizara a través de unha Sicav, e da escandalosa rendabilidade, tanta que reportaba ao beneficiario o 50% do capital investido, é dicir, si se investían 10.000 euros, o eurodeputado ingresaba no seu fondo de pensións 5.000 (datos de EFE). E a túa resposta é preguntar se era legal!!! Iso é un argumento dos liberáis, non de quen presume de comunista (léase Camilo Nogueira ou do mandado taparrabos). Sabes que algún eurodiputado pediu disculpas e dimitiu? E Camilo tan pancho, asubiando, e ti tapándolle o rabo ao señorito! Non serán os do PPsoE os teus colegas, ademáis de selo nos negocios de Camilo Nogueira? Non serás ti un dos que negabas que Camilo estivese na SICAV? Ti es un defensor da casta, dos abusos e da dobre ética liberal? Era legal, si! Pero a decencia era outra cousa! Cheiras a raposo!
Pemitan que tercie neste dialogo pesado e inutil (pois hai un que non escoita, logo parece absurdo argumentar). O asunto da legalidade da Sicav dos parlamentarios semella unha soberana estupidez. A legalidade da monarquia non a fai mais democratica, tampouco a legalidade existente no franquismo impide que sexa considerado unha dictadura, nin que as legais touradas sexan barbarie, nin a legal excravitude no seu dia deixou de ser cruel e inhumana. Igualmente pasa coa Sicav na que participou Camilo Nogueira: non hai defensa posible desde a esquerda. Claro que sempre o pode defender Amancio Ortega, a quen abraza no seu momento (hai fotos na rede), se cadra xa o esta defendendo un que foi servo do explotador... Para que non piquen os inocentes, mentres os profetas defensores da legalidade amasan fortunas.
"Un particular paga cada ano"->Mentira. "Se non sacas o diñeiro das SICAV, podes compensar plusvalías e minusvalías por décadas "->Como todo fondo de pensións. "A legalidade da monarquia non a fai mais democratica "->Quen se suxeta á legalidade da monarquía non é antidemócrata, se así fose, vos seriades antidemócratas por suxeitarvos á monarquía española. "... as legais touradas sexan barbarie, nin a legal excravitude no seu dia deixou de ser cruel e inhumana". Nin impide que os que vides de falanxe teñades por qué ser temidos e non respostados agora...e dise "escravitude", par-vo . En resumo: Fixo Camilo a SICAV, buscouna, promoveuna, tivo a intención de creala, tivo a intención de dolo? ou simplesmente puxo os cartos donde millor rendesen por consello doutros?A min non me veñades con contos porque o simple feito de que esteades dia sí e día tamén despotricando contra o BNG e calquera dos seus fala de quen sodes. Veña...falade!
Non hai como tapalo: de 54 eurodeputados do Estado Español houbo 39 famentos que chuparon da Sicav. Agárrate: entre eles Camilo Nogueira Román!!! Doe, proe, pois coloquen azucre e traguen! Non son todos, só os eurodeputados que voluntariamente quixeron, os máis golosos e faltos de escrúpulos!!! Podes botar fume, repasa os teus erros en galego, pero non tapes o lixo, cheira igual: imposible participar minha Sicav para quen se proclama de esquerdas!!! Noxo do BNG que calou ante tal despropósito. Non hai como lavar o pasado de Camilo Nogueira, xa podes espernexar e acusar do que queiras a quen non traga: o do Camilo xa foi, non hai desculpa!!!