Por que os grandes medios calan as protestas contra o Grupo Villar Mir?

"Xa temos máis de 1400 sinaturas en Change.org a pesar de que medios como La Voz ou El Correo están ignorándonos completamente", critican os traballadores de Ferroatlántica tras recibir con asubíos este luns ao seu presidente.

Por Galicia Confidencial | Cee | 01/11/2016 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Os traballadores de Ferroatlántica denuncian que os grandes medios están silenciando a súa problemática, tras o anuncio de venda desta empresa do grupo Villar Mir a unha multinacional. 

O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans
O presidente de Ferroatlantica Larrea saindo do Concello de Cee cos traballadores manifestandose-Foto-Rafa Quintans

O Comité de Empresa ten claro que a mobilización social "é clave" para paralizar esta venda. Unha venda que, temen, podería supoñer o futuro peche das fábricas, pois “o que facemos nós aquí o poden facer noutros lugares como China, Venezuela, Sudáfrica… con man de obra moito máis barata e menos esixencias medioambientais". "Aquí manteñen a produción porque a enerxía sae de balde. Como non nos imos preocupar?”, din.

Neste sentido, critican a actitude da Xunta e, especialmente, dos grandes medios de comunicación. Do Goberno galego suliñan que é a que ten que dar o "visto bo" á operación, pero temen que xa estea "todo amañado" e que vai depender a súa postura das mobilizacións de veciños e traballadores. "Se hai moita mobilización, Feijoo vai ter que escoitarnos", din.

Máis severos son cos grandes medios, especialmente, con El Correo Gallego e La Voz de Galicia. "Xa temos máis de 1400 sinaturas en Change.org a pesar de que medios como La Voz ou El Correo están ignorándonos completamente. Pero confiamos en que a veciñanza da Costa da Morte siga mobilizándose como ata agora”, apuntan.

Mobilización contra Pedro Larrea

Precisamente, os traballadores non cesan nas súas protestas. Este luns foi contra o presidente do Grupo FerroAtlántica e conselleiro delegado de Ferroglobe, Pedro Larrea, que visitou os Concellos de Cee e Dumbría. Despois de recoñecer publicamente a existencia de ofertas para a venda das centrais hidroeléctricas, reuníase cos alcaldes Ramón Vigo e José Manuel Pequeño --que xa amosou o seu apoio aos traballadores--, para explicarlles a situación.

Os traballadores de Ferroatlántica, do Grupo Villar Mir, protestan contra o presidente desta empresa, Pedro Larrea
Os traballadores de Ferroatlántica, do Grupo Villar Mir, protestan contra o presidente desta empresa, Pedro Larrea | Fonte: Rafa Quintans

Ás portas do Concello de Cee xuntouse un centenar de traballadores e persoas preocupadas polo futuro da Costa da Morte, sendo conscientes de que a “Venda das centrais”, pode ser “a ruína da comarca”.

Segundo apunta Alfonso Mouzo, do Comité de Empresa, que vén de falar cos dous alcaldes, “Larrea viu dende Madrid, unha semana despois de reunirse con nós aló, para contarlle aos alcaldes o mesmo que nos contou a nós; que é unha boa oportunidade de negocio para o Grupo Villar Mir”.

Especulación?

O Comité de Empresa entende que isto é unha "unha pura acción especulativa cos ríos de Galicia". “Non presenta nin Plan Industrial nin nada, así como imos crer que se poden manter os 400 postos de traballo que sustentan esta comarca”, sinala Mouzo que califica a visita como “unha tomadura de pelo”. 

“O Grupo de Villar Mira necesita líquido porque ten numerosas débedas, e vende as xoias enerxéticas de Galicia, que non son del, son da Xunta, de todos os galegos", indica.

Ademais, denuncia que o grupo está vendendo outras tres novas minicentrais que non teñen aínda licencia de explotación, prevista para o vindeiro mes de abril. Refírese ás obras das centrais hidroeléctricas do Xallas (Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo) que están en fase avanzada de construción.

Coa colaboración de QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Porque os medios de comunicación en España son o argumentario do gran capital. E dicir no son medios de comunicación, senón de propaganda.

1 GALIZA e o primeiro

non soamente e porque reciben cartos, sinon por complicidade ideoloxica son expañolentos, de dereitas e catolicones... muitos xornalistas teñen a mente transtornadas, pois na infancia foron a escolas privativas de elite- non temos mais que escoitar o monoarquico do ABC noite tras noite na radio galega, como comenta as novas do día o elemento energumenico, o único que lles importa son os cartos do banco e despois pecha a noite o do país creo que ademáis soamente fala en castelan... PORCOS FASCISTAS CAMUFLADOS!!!!