Por Galicia Confidencial | Lugo | 09/11/2016 | Actualizada ás 15:00
A praia das Catedrais podería albergar un gran complexo mineiro. Iso é o que cre, cando menos, Mariña Patrimonio que insiste en que esta zona do norte de Lugo puido ter unha gran importancia no suministro de ouro ao imperio.
"Galicia é unha área moi rica en ouro, e a praia das Catedrais está rodeada destas minas de ouro", explicou Manuel Miranda, presidente desta entidade. No mes de outubro, o Goberno galego deulle o visto e prace a esta organización para levar a cabo unha intervención sobre os restos romanos da zona e que se atopan nas minas de ouro próximas á praia. Máis no portal Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.