Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/11/2016 | Actualizada ás 10:00
Primeiro foi Galicia, logo o resto do Estado e despois, a carne da rubia galega deu o gran salto. Primeiro a luxosos restaurantes europeos, principalmente, de Reino Unido, e agora xa se pode atopar tamén en China.
Así, un dos restaurantes de moda en Hong Kong, o Blue Butcher's acaba de especializarse, precisamente, en carnes. E unha das súas preferidas é a da rubia galega. Un menú que comparte con outras delicatessen como o atún tártaro, a carne británica de Hereford, Longhorn e Lincoln ou o wagyu de Kobe.
No caso da carne galega destaca que provén de vacas de entre 12 e 18 anos o que lle dá un toque especial á carne, “debido a súa lonxevidade”. Ofrece porcións limitadas só por noite; a elixir entre rubia sirlion ou bisté de rubia. “O bisté é sen dúbida para os grandes amantes de carne”, apuntan desde o South Chine Morning Post .Tamén destaca o “exquisito sabor” se se lle vota unha pizca de sal mariña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.