Un medio afín a Intereconomía denuncia que Barrio ordenou sacerdotes a dous homosexuais

Infovaticana.com critica que a igrexa galega “oculte” a situación e di que o Arcebispo de Santiago está na “corda frouxa”. Desde esta institución relixiosa aseguran que son informacións “mendaces” que pretenden danar á curia galega. O Papa Francisco dixo, hai pouco, que a Igrexa debería desculparse coas persoas gais.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 13/12/2016 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Julián Barrio cometeu unha grave irregularidade ao conferir a orde sacerdotal a dous homes coñecendo a súa condición de homosexuais activos e sabendo que convivían como parella”.É a denuncia que fai Gabriel Ariza no xornal infovaticana.com, afín ao grupo mediatico Intereconomía, ao acusar ao arcebispo de Santiago de facer cousas que van en contra da “doutrina da Igrexa”.

Ordenación de sacerdotes por parte de Julian Barrio, arcebispo de Santiago
Ordenación de sacerdotes por parte de Julian Barrio, arcebispo de Santiago | Fonte: infovaticana.com

Así, neste duro artigo, acusase ao relixioso de ordenar sacerdotes a dous homes que “viven en parella” e que “públicamente se manifestaron como homosexuais”. Ademais, critica que mesmo dous dos seus vigarios cearon antes da ordenación en casa “da parella de artistas”. E que esta ordenación “causou un enorme malestar”  entre o clero compostelán, “que non pode entender como o seu arcebispo impón cargas pesadas sobre os demais que el esquiva”.

Sen embargo, desde o Arcebispado de Santiago critican duramente esta información e din que “falta á verdade e dana gratuitamente”  a honorabilidade do seu arcebispo e do clero da Arquidiocese. Así, nun comunicado remitido a Galicia Confidencial  lembra que todos os candidatos ao sacerdocio ordenados na Igrexa diocesana “foron considerados idóneos”, tras o proceso de formación, e seguimento persoal, levado a cabo desde o Seminario, “conforme ao dereito Canónico e á praxe eclesial”.

“A madurez de todos eles, tanto no seu nivel humano, afectivo, psicolóxico, sexual, espiritual, intelectual ou social, é unha condición esencial para a ordenación sacerdotal. En ningún caso produciuse a situación que se describe na información dese diario”, suliña.

Julián Barrio, na corda frouxa?

De feito, infovaticana.com vai máis alá e asegura que o arcebispo de Santiago de Compostela, está “na corda frouxa” porque este asunto “chegou xa a oídos” da Congregación para o Clero do Vaticano. “Está estudando o asunto, e podería supor para Barrio a súa renuncia anticipada da Arquidiocese compostelá, como xa lle ocorrese, por un asunto similar, ao seu compañeiro no episcopado Manuel Ureña, apartado do arcebispado de Zaragoza tras un escándalo cun diácono”, recolle esta publicación relixiosa.

Retransmisión dunha misa na catedral de Santiago
Retransmisión dunha misa na catedral de Santiago

Ademais critica que este asunto estea oculto polas “autoridades eclesiásticas galegas” e cita  un documento da Congregación para o Clero para criticar a homosexualidade. “O documento ‘El Don de la vocación presbiteral’, sobre a formación dos presbíteros di que sería gravemente imprudente admitir ao sacramento da Orde a un seminarista que non madurase unha afectividad serena e libre, fiel na castidade celibataria, a través do exercicio das virtudes humanas e sacerdotais, entendida como apertura á acción da graza e non só como esforzo da vontade”.

O Papa e a homosexualidade

Unhas criticas, a deste medio relixioso que, contrastan, curiosamente, co que hai uns días dicía o Papa Francisco ao asegurar que a Igrexa católica debería desculparse coas persoas gais pola forma en que as tratou. O pontífice afirmou que a Igrexa non tiña dereito a xulgalas, senón que debería respectalas. "O catecismo di que non deben ser discriminados. Deben ser respectados, acompañados pastoralmente", dixo.

O Papa fixo as declaracións cando lle preguntaron se estaba de acordo cos comentarios do cardeal alemán Reinhard Marx, quen dixo que a Igrexa debía desculparse cos homosexuais por telos"marxinado".

"Creo que a Igrexa non só debe pedir desculpas a unha persoa homosexual que ofendeu, senón que hai que pedir perdón aos pobres, ás mulleres que foron explotadas, aos nenos obrigados a traballar, pedir perdón por bendicir tantas armas" e por non acompañar ás familias que se enfrontaron a divorcios ou experimentan outros problemas, dixo.

O arcebispado “lamenta” as informacións

O arcebispado “lamenta” a indefensión á que toda a Arquidiocese se ve sometida con este tipo de informacións “mendaces”, na que, di, “se botan sospeitas sobre persoas do todo inocentes; atácase a honra do arcebispo e do presbiterio; e provócase un dano difícil de reparar como sempre ocorre coa inxuria e a calumnia”.

Non é a primeira vez que infovaticana.com ataca duramente á Igrexa compostelana. Hai uns meses tamén denunciou supostos “abusos sexuais” do clero capitalino facéndose eco dun suposto diario de José Manuel Fernández Castiñeiras, o autor do roubo do Códice Calixtino.

O autor da nova, Gabriel Ariza, é fillo de Julio Ariza Irigoyen, ex deptuado do PP no Parlament catalán e, actualmente, propietario e presidente do grupo Intereconomía. Precisamente, Gabriel Ariza foi duramente criticado en medios relixiosos que o acusan de “matonismo relixioso”. 

Ofrenda ao Apóstol Santiago durante o Día de Galicia, con Julián Barrio en primeiro plano
Ofrenda ao Apóstol Santiago durante o Día de Galicia, con Julián Barrio en primeiro plano | Fonte: Xunta
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galegus

Informarvos un pouco, porque a doutrina da Igrexa católica non cambiou nada. Unha cousa é o respecto aos homosexuais e outra moi distinta a admisión ao sacerdocio. Sobre isto último Francisco segue coa idea de sempre: El Vaticano reafirma que los homosexuales no deben ser admitidos al sacerdocio http://infocatolica.com/?t=noticia&...

1 Bufffff

"¿No sabéis que los malvados no heredarán el reino de Dios? ¡No os dejéis engañar! Ni los fornicarios, ni los idólatras, ni los adúlteros, ni los sodomitas (...) heredarán el reino de Dios" (Corintios 6:9). No último documento da Congregación para o Clero, publicado con aprobación expresa do Papa Francisco, dise: "las personas homosexuales no pueden ser admitidas a las órdenes sagradas".