Temas: R CABLE

Cambios na dirección da operadora R

A compra da que fora operadora galega por parte de Euskaltel está a producir unha serie de cambios na compañía baseada na Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/12/2016 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O ata agora director da División Residencial de R, o coruñés Alfredo Ramos, foi nomeado novo director xeral de operador galego, segundo informa a compañía nun comunicado.

Alfredo Ramos nunha imaxe do seu Linkedin
Alfredo Ramos nunha imaxe do seu Linkedin

A elección de Alfredo Ramos como director xeral de R é "froito da valoración realizada na propia organización da empresa, tendo en conta a súa calidade profesional, capacidade para xestionar equipos e dilatada experiencia no sector e na propia R, onde foi madurando estes valores profesionais dende hai 18 anos", explica a compañía.

Ao respecto, remarca que o novo director xeral de R "xunta na súa persoa o coñecemento do sector das telecomunicacións e da sociedade galega", apunta en alusión á súa vinculación con Galicia.

TRAXECTORIA

Así, tras unha primeira etapa como consultor de Norsistemas, en concreto responsable do seu plan de negocio e micromercadotecnia, o novo director xeral de R, enxeñeiro de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, entrou a formar parte da compañía no nacemento da empresa, en 1998, como responsable de produto.

Foi tamén xerente comercial e de mercadotecnia residencial entre 2003 e 2007 e, a partir de entón, dirixiu a División Residencial de R. "A súa experiencia na compañía e a súa formación aválanlle neste momento para converterse no primeiro executivo de R", sinala a empresa.

Por outra banda, indica que, con este nomeamento, "culmina o proceso de deseño" da organización de equipos "para responder aos retos que cada un dos mercados, Galicia e Euskadi, demandan", apostila.

Temas: R CABLE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

e seguirán considerando que ter dous ordenadores na casa convírtete directamente nunha oficina comercial con CIF ???