A valedora avala eliminar un cartel dun colexio de Panxón co lema “Fala galego, non sexas lelo”

A asociación Galicia Bilingüe asesorou a un pai que denunciou este debuxo, que gañou un concurso para fomentar o uso da lingua galega.

Por E.P. | Nigrán | 10/01/2017 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

A valedora do Pobo, Milagros Otero, avalou eliminar uns carteis do CPI Panxón, en Nigrán (Pontevedra), co lema 'Fala galego, non sexas lelo', ante as queixas do pai dunha alumna. A pancarta gañara un concurso, que contaba con fondos da Consellería de Educación, para o fomento da lingua galega.

Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pide a súa retirada
Cartel sobre o uso do galego que está nun centro de Panxón e do que Galicia Bilingüe pide a súa retirada

Segundo explicou Galicia Bilingüe este martes nun comunicado, o pai acudiu á valedora por consello da asociación. Previamente, este xa presentara unha queixa ao inspector xefe de Educación de Pontevedra, Manuel Torres Vizcaya, pero non obtivera resposta, segundo engadiu.

Finalmente, tras dous requirimentos por parte de Milagros Otero, tanto o pai como ela recibiron un escrito por parte do inspector xefe no que se avala a presenza destes carteis no centro.

O texto de Torres Vizcaya, que Galicia Bilingüe cualifica de "pintoresco", recolle, en defensa deste lema, que "se buscou unha palabra que rimase con 'galego'". Ademais, engade que "sería coartar a liberdade de expresión de alumnos e profesores cuestionalo" e matiza que "a única queixa que se presentou foi a deste pai".

En resposta a isto, a valedora afirmou que o cartel "invita o uso do galego utilizando un adxectivo despectivo" e que "non promove o respecto ás opcións lingüísticas dos demais". Milagros Otero tamén sinalou que o significado de 'lelo' é "parvo, simple ou necio".

Así mesmo, a valedora tamén argumentou que "non está en tea de xuízo a liberdade de expresión da alumna, senón o criterio da comisión que considerou positivo e premiou un cartel para o fomento do galego que cualifica como lelo a quen non o fala".

DESTITUCIÓN DO INSPECTOR XEFE

Pola súa banda, Galicia Bilingüe acusou de "inaceptable" que un responsable de inspección educativa "ningunee" durante tres meses unha petición tan "razoable e doada de atender" e afirmou que "é a terceira vez que Torres Vizcaya se posiciona xunto aos que fomentan o galego adoutrinando e permitindo que se falte ao respecto aos cidadáns que non comparten certas ideas".

Por todo isto, Galicia Bilingüe pediu, nunha carta ao conselleiro de Educación e ao presidente da Xunta, a destitución do inspector xefe. Da mesma forma, a asociación solicitou que se poñan os medios necesarios para que a promoción do galego se realice "dentro das canles de respecto e tolerancia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 liberdadedeexpresion

De non existir lingua galega e nacionalistas galegos a dia de hoxe Galiza seria unha rexion, e de segunda. Si hoxe somos "nacionalidade histórica" xunto a Catalunya e Euskadi é grazas a que temos lingua propia, historia propia (reino de Galiza) e grazas a moitos nacionalistas galegos que defenderon que Galiza é unha nacion ao longo da historia. Mais coidado pq o status que hoxe temos podemolo perder si hai un pobo que renega do propio. De España non agardedes nada, pq nunca nada nos deu, soamente convertirnos nun pobo que sigue a emigrar por falta de oportunidades na sua terra (a industria para outras rexions).

1 nostrus

La nacion gallega es como el Cielo, hay quien cree en ellos pero no lo pueden demostrar, aunque tanto a unos creyentes como a los otros, cualquier cosa es suficiente para demostrar sus creencias. El hecho de tener una lengua o no tenerla no supone ser una nacion o no serla. La lengua se ha convertido para el mundillo nacionático en su religion, es aquello que han elegido para fanatizarse del mismo modo que otros se han fanatizado con la Biblia o el Coran. Si el nacionalismo español se hubiera fanatizado del mismo modo con la peseta hoy no tendriamos el euro. Lo de la lengua propia es un argumento tan absurdo como la lengua sagrada, porque las personas no se someten a la voluntad de las lenguas, sino que las personas las usan a su antojo y fueron ellas quien las crearon y ademas a las leguas les importa un huev* que las usemos o no.

2 Nefelibata

Grande argumento o teu: comparar unha lingua cunha moeda. Seguindo o teu argumento podemos pensar en cambiar aos dólares para ser máis internacionais. De verdade, sodes superchachimegaguay diver...

3 Antinostrus

A Língua, para o cipaiomononeuronal do Nostrus e só un instrumento de traballo...que aburrido debe ser botar todo o ano lambéndo-lle o orto a todo canto madrileñoespañoleiro que solte vinte e nove denarios a cambio de tan miserabel servizo!!!... pasa para o Cortello, Nostrusmalandro, que alí te aguarda a pendanga da túa Nai coas pernas abertas!!!!!.

5 galegoexiliado

Sempre me preguntei que traumas pasarían na sua infancia estos "lelos" pa impedir que os seus fillos coñezan outras linguas, ademáis da sua propia. Por propia experiencia, ó criarme e estudar en varios países, sempre vin aos cativos aprender e falar en varias linguas sin que tiveran problema algún, hata retornar á Galiza e ver a estos "lelos" impedir que os seus fillos coñezan a sua propia língua, so por complexo de inferioridade.

4 liberdadedeexpresion

No fondo saben que Galiza é unha nacion. E mais, temos mais en común (e por moito que se castelanice seguira a ser asi) co norte de Portugal que con Madrid, Andalucia, Valencia ou Euskadi. ¿Seica é peor un cartel que verse obrigado a ter que emigrar?. Nin os castelanfalantes estan discriminados nin o castelan corre risco de desaparecer en Galiza. Gustariame que os galegos nos queixaramos por problemas tan graves como que a xuventude galega siga emigrando. Igual asi se invertia mais na Galiza.

3 balbino

Ainda por riba de absurdas as acusacións son falsas como todo o que fan estes infelices amigos de nostrus. http://www.hugopereirachamorro.com/...

2 Farto de galelos

Haiche moitos ga lelos e ga lelas. A defensora dos españois, a mais galela de todas.