Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2017 | Actualizada ás 15:39
As razas bovinas autóctonas de Galicia que se atopan en perigo de extinción aumentaron o seu número un 5,7 por cento durante o pasado ano 2016, segundo os datos ofrecidos este xoves por II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería.
Así, a raza Frieiresa foi a que maior crecemento experimentou en 2016, ano no que aumentou o seu número un 8,5 por cento ata alcanzar os 856 exemplares. Tras ela sitúase a Cachena, que supera os 4.300 animais cunha suba do 7,7 por cento.
Tamén aumentou o número de vacas de raza Limiá (sobe un 5,5 por cento con 1.083 reses), de Vianesa (2.816 exemplares, 4,1 por cento máis) e, por último, a Caldelá, que supera xa os 1.500 animais tras aumentar un 2,3 por cento.
OUTRAS ESPECIES
Ademais das razas de vacún, en Galicia existen outras especies autóctonas que se atopan en perigo de extinción e que, segundo informou a organización da feira, en 2016 mantiveron "estables os seus censos".
Deste modo, 4.172 exemplares de Ovella Galega, 1.069 de Cabra Galega, 26.051 de Galiña de Mos, 2.397 de Porco Celta e 1.648 de Cabalo Galego sobreviven en Galicia.
A localidade pontevedresa de Silleda acollerá, do 26 ao 28 de xaneiro, a II Feira Agropecuaria Abanca CIMAG-Gandagro que, segundo informou a organización, será "un escaparate de todas a razas de Galicia en risco de desaparición a través e unha exposición e unha degustación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.