As ceas de Louzán no Ritz

GC desvela que a Deputación de Pontevedra pagou polo menos en dúas ocasións ceas de grupo no luxoso hotel madrileño coa escusa de Fitur. Entre os convidados cos cartos públicos, personaxes do ‘famoseo’ como Josemi, "deputados e os seus consortes" e destacados xornalistas.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 30/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

9.071,2 euros. Isto é o que se gastou Rafael Louzán en 2008, cando era presidente da Deputación de Pontevedra, nunha cea no Hotel Ritz de Madrid ao fío da feira de turismo Fitur. 

Louzán entrega un premio á D.O. Rias Baixas durante a cea no Ritz pagada pola Deputación en 2008
Louzán entrega un premio á D.O. Rias Baixas durante a cea no Ritz pagada pola Deputación en 2008 | Fonte: DO Rias Baixas

O deputado provincial do PSdeG Santos Héctor desvelou esta información o venres. Este luns GC revela que a Deputación de Pontevedra organizou polo menos outra comida neste hotel de luxo, tamén coa escusa de Fitur, en 2007.

Turismo Rías Baixas, que depende da Deputación, invitou á cea de 2007 no Ritz a famosos da televisión. Por exemplo, José Miguel Rodríguez-Sieiro y Rodríguez-Vila, coñecido como ‘Josemi’, un dos famosos comentadores dos programas do corazón. 

Acudiron tamén influíntes xornalistas, como Manuel Campo Vidal, e deportistas como Óscar Pereiro e David Cal. Tres anos despois Cal presentaríase nas listas do PP por Pontevedra.

Segundo a D.O. de Orixe Rías Baixas, compartiron mesa e mantel no Ritz “una nutrida representación de personalidades del mundo de la hostelería, de la política, de los medios de comunicación, de los deportes y del espectáculo”. Da política, ademais de Louzán, a D.O. cita como asistentes a José Manuel Figueroa, daquela presidente presidente de Turismo Rías Baixas e ex-líder do PP de Vigo. 

Figueroa e Louzán no centro deste grupo durante a cea no Ritz pagada pola Deputación en 2008
Figueroa e Louzán no centro deste grupo durante a cea no Ritz pagada pola Deputación en 2008 | Fonte: DO Rias Baixas

No referido a cea do ano seguinte, a de 2008, o PSdeG afirma que formou parte dun paquete de gastos que incluíron viaxes e noites de hotel para “os deputados do PP e os seus consortes”. Segundo datos revelados no pleno da Deputación do venres polo Goberno Provincial, os gastos da Deputación en Fitur en 2008 ascenderon a máis de 402.000 euros.

O PSOE respondía así a unha moción do PP crítica coa política do actual goberno para promocionar a provincia. A moción foi reixeitada ao sumar só o apoio dos conservadores. O deputado do PP José María Figueroa pediu a retirada das acusacións de “irregularidades” lanzadas por Héctor. Figueroa foi xerente de Turismo de Galicia e un dos que acudía ao Ritz, segundo demostran as imaxes da cea de 2007 que acompañan esta información.  

O PP deu a súa versión este sábado argumentado que na cea de 2008 se gastaron uns 50 euros por persoa e que asistiron uns 200 comensais, sen aportar probas ao respecto. De paso cargou contra o bipartito da Xunta por non promocionar a provincia. Na súa opinión, o bipartito (PSOE + BNG) da Deputación na actualidade só acudiu a Fitur a sacarse fotos e non trouxo ningún resultado

Esta polémica sobre o gasto en ceas ao fío de eventos promocionais sucede asemade que outra que afecta ao goberno municipal de Pontevedra. O acalde Miguel Anxo Fernández Lores gastou máis de 3.000 euros ao convidar a “pontevedreses” a un restaurante en Nova York tras recoller un premio á cidade do Lérez. 

Josemi Rodríguez-Sieiro no Madrid Fusión
Josemi Rodríguez-Sieiro no Madrid Fusión | Fonte: parahoreca.com
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 MAFIA PP-URA!!!!

descubran tamen os convites a fada colacau de Barceloneta da alcaldesa maria de mandriles e do flamenco de cadiz, que fixeron os de marea >antes de que podreiros entrase a formar parte do roubo o chamado podreiros de Galicia despois de descabalgar o mozo anovado que foi reanovado... fixeron moito roubo os pepeiros e agora están descuberto o pastel putrefacto de primeira comunión, fanse despois os inocentes, pero teñen caras de mafia de autenticos terraculos... non somos inocentes e sinon preguntenlle tamen o -vieiras si recibiu cartos de esquerda la unitaria ... pregunten... pregunten...

1 Parada de trolebuses

Pregunto : Ti és o mesmo que o da pastillita ? Non serás tamén o nostrus e o bufff, e que os vosos estilos tan elegantes son calcados ? Como será que sodes tan parecidos os falabaratos a soldo do BNG e os nacionalistas españoles ? Ou estades para animar os comentarios ?

2 Beiras was right

Señor "podreiros-vieiras" os únicos que reciben cartos aqui, son os trolls subvencionados do BNG. Deixe de intentar varrer a casa dos demais, preocúpese pola súa que esta feita unha corte.

4 Lozano & Lores SLU

En Pontevedra hai moita fame. Tanto monta Louzán como Lores, Lores como Louzán! Moito xornalista agradecido, deportista e cultureta famento, e moito servo que desexa ser convidado polo señor... (Antes de que se indignen os criados do partido, aclaremos que nas Mareas tamén se realizan as mesmas prácticas de alimentar adeptos, o que non xustifica nin disculpa as dos demais).

1 Caladiño estas mellor

As chorradas dun troll ppeiro que escribe sempre o mesmo baixo a protección da impersonalidade, veña amargadiño se queres cambiar as cousas vai a vida real e deixa as redes anda, se non deixa os que se moven por mudar a triste realidade.

2 Lozano & Lores SLU

Lamento contrariarte lacaio, ideoloxicamente seguro que ti estás moito máis próximo ao sistema corrupto, clientelar e mafioso do Partido Podre e do PPsoEspañol do que este amargadiño ácrata e apátrida. Repito, ti estás moi perto, pactas, participas, defendes desde o anonimato, merendas e, se cadra, até es beneficiario do sistema! Nada que ver coas túas tragadeiras meu, para nada! E ti non podes dicir o mesmo: no Bloque e nas Mareas sodes cómplices! Cuidado con morder a man que vos alimenta! Ides mudar o mundo, comenzando por encher a propia barriga! E nunca empezades polas bases, o voso é asaltar as alturas mantendo os pés na lama, para non incomodar aos de sempre (os do casino e dos touros, a igrexa e os militares, a banca e os oligopolios, a prensa que desinforma e os famosos que distraen ao povo, os mantidos altos cargos e asesores). E mandas calar, se te deixan censuras ou eliminas críticos, canto te asemellas ao Partido Podre que dos detestar!

3 mafia louzanfalque

e os amaños que ten co seu amigo gustavo falque ,presidente do coruxo fc e segundo da federacion de futbol patrocinios,campos de herba sintetica

2 paco

E os técnicos que cobran o soldo máis grande co conselleiro de Medio Rural???

1 Guillerme Gintonic

Eso non xustifica o de Lores

1 rua

pepeiros como vos atrevedes a falar .....

2 Anova rip

Isto, iso,;aquilo.... Lores vai ter que viaxar con termo e fiambrera. Non como populares e mareantes fernanvellos, que voan en business class bebendo grandes reservas en copas de cristal.

3 Rafa Cubatas

Manda moito carafio que os carotas peperomareantes pretendan que "o de Lores" hai que "xustificalo". Despois de que montasen unha paparota de partido de cidades "rebeldes" con gomina pagada con fondos publicos