Unha deputada do PP de Ourense airea a discusión entre Iglesias e Errejón

Difunde a través do seu perfil de twitter varias imaxes dos dous dirixentes de Podemos no hemiciclo mentres os dous estaban, supostamente, discutindo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/01/2017 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

"Mientras hablamos de pobreza energética, empleo joven... Errejón e Iglesias a lo suyo, entre la bronca y el móvil”. Foi o tweet que escribiu a parlamentaria ourensá do PP, a ourensá Ana Vázquez Blanco, sobre a conversa que mantiveron este martes na Cámara Baixa os dous dirixentes de Podemos.

Suposta discusión entre Errejón e Iglesias no Congreso captada pola deputada do PP Ana Vázquez Blanco
Suposta discusión entre Errejón e Iglesias no Congreso captada pola deputada do PP Ana Vázquez Blanco

De feito, a deputada mesmo sacou fotos de Iglesias e Errejón na Cámara para amosar esa suposta discusión entre ambos. Unha escena que tampouco pasou desapercibida para os fotógrafos que nese momento se atopaban no hemiciclo que tamén captaron esas imaxes.  

Máis de media hora durou ese intercambio de pareceres entre os dous dirixentes de Podemos, que só teñen xa un día para alcanzar un acordo que poida evitar que confronten os seus proxectos políticos na Asemblea Cidadá estatal de Podemos en febreiro.

Foi tanta a atención que levantaron que tiveron que ser varios deputados do seu grupo os que os advertiron de que eran obxecto de comentarios entre os xornalistas e obxectivo das cámaras. Tras decatarse dese detalle, ambos prestaron tamén atención aos fotógrafos e mostráronse ante as cámaras con outro aspecto e xestos máis amables.

Desde as filas de Podemos, algúns deputados quitaron ferro ao ocorrido, asegurando que non foi para tanto e que simplemente era unha discusión normal nun proceso interno no que hai tensións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Sixto

É deputada do PP por Ourense? Ha,ha,ha, esmendrélhome de risa. Sobran as palabras. Aquí estamos aturándoos porque a poboación da Galiza está fortemente avelhentada e só quedan velhos que vos votan, como quen vota a Gayoso do Luar. Cando non hai dignidade, aparecen estes esperpentos que son do PP de Ourense...hai que telos ben postos. Se me pasara a mín, estaría o máis caladinho posíbel. Aínda me queda algo de dignidade.

1 demagoxia contest

Esa poboación avellentada que morren queimados de madrugada sos na súa casa ós 90 anos porque os que non son tan vellos pasan deles. Claro, non dan tan ben no lente da cámara rupturista coma os refuxiados.

3 Puta Coxa

A ver, Podemos falando de Podemos. Nada novo, circulen.

1 Machismo noxento

Paréceme repugnante que admitades e publiquedes o nome deste comentario que é unha ofensa a todas as mulleres que o len. Machismo noxento e repulsivo.

2 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer pra sabe-la vosa opinión verbo da política seguida pola Real Academia Galega con respeito ás variedades dialectais do galego ( https://estensiondogalego.wordpress....

1 xmmc

Esta xoia agora dedícase a tirar fotos no Congreso... http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/04...