Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2017 | Actualizada ás 18:25
O comité executivo da confederación de empresarios de Galicia (CEG) nomeou tesoureiro a Roberto Almuiña Díaz e contadora a María Luisa Martínez Arias, ademais de ratificar as condicións do crédito hipotecario. Uns nomeamentos froito do acordo entre as patronais de Lugo e A Coruña e que posibilitarán que se continúe cos proxectos paralizados na etapa de Diéter Moure.
A proposta dos empresarios da Coruña, a patronal designou como membros do comité executivo a Severino Ares Lago; e a proposta da organización de Lugo a Eduardo Valín Fernández, José Ángel Penas Peón e José Teijeiro Valledor.
O presidente, Antón Arias, designou como persoal de confianza a Juan Manuel Cancelas Sánchez e a David Sobral Pidre. Tamén se adoptaron outros acordos "de carácter interno", segundo sinala a CEG nun comunicado de prensa, "establecendo criterios de funcionamento" da confederación.
En canto á formalización do crédito hipotecario pendente de resolución cun 'pool' bancario, apunta que o comité executivo ratificou as condicións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.