Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/02/2017 | Actualizada ás 11:25
Organizado polos ecoloxistas de Contraminación, a reunión terá lugar en Santiago o 4 de marzo no Centro Socio Cultural de Vite. Será precedida pola veñen precedidos da celebración en Santiago de Compostela da reunión de coordinadores rexionais de todo o mundo do colectivo internacional Yes to Life No to Mining (YLNM).
Trátase dun tema de máxima actualidade no país. Malia que a macromina de ouro de Corcoesto foi paralizada polo de agora, existen problemáticas noutros lugares como Triacastela (debido a volta á actividade de Cementos Cosmos), Lousame (pola explotación da mina de San Fins) e na Terra Chá (onde seguen vixentes as concesións mineiras de Erimsa).
“As empresas mineiras continúan a recibir cuantiosas subvencións, ao tempo que se ignoran as mínimas esixencias ambientais e legais a esas mesmas empresas e se poñen todo tipo de trabas e dificultades ás empresas ambientais e aos afectados en xeral”, alertan os convocantes.
ContraMINAcción é un rede galega de colectivos críticos coas minas. Fórmana até 23 colectivos: Aenda, Agrupaçom de Montanha Augas Limpas, Asemblea pola Defensa do medio Rural, Asociación Ecoloxista Arco Iris, Asociación Treze Catorce, Asociación Véspera de Nada, Asociación Coluna Sanfins, Associação Socio-Cultural O Iríbio, Comisión de Asociacións en contra as minas na Terra Chá, Contraminate, grupo veciñal de Laxe, Espazo Agroecolóxico A Estruga, Federación Ecoloxista Galega, Petón do Lobo, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, Ribeiras Miño, asociación naturalista de defensa ambiental, Salva la Selva, Santa Comba Viva, Sindicato Labrego Galego, Sos Courel, SOS Groba e Verdegaia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.