Por Antón Tenreiro | Oleiros | 23/12/2009
Diante de esta nova, veume á cabeza unha anécdota sucedida hai anos, cando Romay estaba de ministro en un coñecido restaurante na cidade de A Coruña, un fin de semana dos que o ex responsábel de sanidade empregaba para visitar (e asegurar) o control dos seus en Galiza.
Eu, en unha celebración con uns amigos, coincidín en un reservado co señor José Manuel, acompañado pola súa dona e dous parentes de este (dos que non vou dar o nome), saudámonos educadamente e sen máis novidades, cada grupo adicuse ao seu.
Ao remate da cea, Romay e os seus acompañantes despedíronse respetuosamente, pagaron a escote, e marcharon. Pasados escasamente dous minutos, o daquela ministro, voltou coa escusa de ter esquciso o seu famoso gorro e colleu a factura.
Nós, malpensados e maliciosos, pensamos que o sombreiro de Romay, era en cada xantar e en cada cea, a estratexia ideal para pasar á admisistración como gastos de representación o que se pagaba cada fin de semana (ou si acaso máuis veces) a escote entre amigos, co conseguinte fraude á administración e a amigos e parentes.
Non digo que esto sexa sí realmente, pero convida a pensalo, e de ser certo, o PP pon ao raposo ao coidado das galiñas.