Desencantados con Feijóo

Militantes e votantes do PP aseguran estar "desentacantados" e "moi disgustados" co novo decreto do ensino do galego aprobado polo Goberno de Feijóo porque "non cumple coa sua promesa electoral" de deixar que sexan os pais os que elixan a lingua que deben utilizar os seus fillos na escola.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/01/2010 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Tanto Galicia Bilingüe coma a Plataforma Democracia y Libertad teñen denunciado duramente o decreto e aseguran que foron "enganados" por Feijóo, a quen lle lembran que, durante a campaña electoral prometeu que os pais poderían elixir o idioma das materias troncales, e terían liberdade para utilizar nas aulas tanto oralmente como por escrito tanto castelán como galego.

"Los militantes, simpatizantes, votantes del PP y muchos colcetivos más nos sentimos defraudados, utilizados y engañados por usted", apuntan desde a Plataforma Democracia y Libertad.

Tamén a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, acusa a Feijóo de mentir e di sentirse "moi decepcionada". Critica que o PP se refira a GB coma un "grupo de extremistas" e anuncia que seguirá defendendo o dereito dos pais a elixir a lingua dos seus fillos.

Os xornalistas Raúl Vilas e Cristina Losada, colaboradores de Libertad Digital, analizan o decreto do ensino do galego aprobado no último Consello do pasado ano e amosanse críticos coa opción adoptada polo Executivo de Feijóo.

 

Nos últimos días teñen aparecido varios videos en Internet criticando ao presidente galego por incumprir as súas promesas electorais:

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

27 RubénM

Complicado atopar militantes ou simpatizantes do PP desencantados con Feijoo sobre todo porque está a cumprir con bastante acerto o programa electoral. Pola contra son cada vez máis as voces que no PSOE alertan ante a deriva radical que pretende impoñer a dirección actual e que aproxima as teses as máis extremistas do BNG

26 Djocovic

Os de GB son noxentos, antigalegos e tiran contra todos os que non cavilen coma eles. Resulta que son uns fenómenos e o Cuiña fillo un pringao de 5ª. Dende logo tivo máis transcendencia o que dixo ese rapaz e outros que a vosa merda españoleira. Eu nunca votarei a un Cuiña pero pódevos dar lecciós de galego decente a tódo-los españoleiros do GB

25 Eixil

En calquera caso quen fai amenazas ao PP son os vosos compañeiros de singladuras electorais como Galicia Bilingúe, ou Manolo nos seus comentarios sobre o PP, e tí mesmo eres o que fai as críticas mais demoledoras sobre corrupción do "teu"partido ou cando acusas e insultas aos teus compañeiros de "nacionalistas", ou a Fraga de baixarse os pantalóns ou quen afirma que o partido que defendes non está precisamente "limpo".

24 Eixil

Non meu rei, non teño tan mala leite para amenazar, so confirmo unha certeza, un parte metreolóxico para Feijoo. Quen sementa ventos recolle tempestades!. Non se pode rachar consensos, nin ir contra a comunidade sociocultural e educativa do país, nin mentir nunha teima que toca a fibra sensible da xente sin que a xente se sinta ofendida con tanto despropósito. Está a facer o que parecía dificil unir á oposición e dividir ao seu partido coa teima do Galego. Hai que ser! Nin Fraga ...

23 Xan

Eixil: ¿No nos estarás amenazando? Porque en tal caso tardo tres minutos en dar cuenta a la autoridad policial competente. ¿Cuiña? Ese ya falleció hace años, y el fillo es un pringao de quinta categoría que pronto se largará con viento fresco a algún partiducho nacionalista, contribuyendo decisivamente a la limpieza del PP.