Desencantados con Feijóo

Militantes e votantes do PP aseguran estar "desentacantados" e "moi disgustados" co novo decreto do ensino do galego aprobado polo Goberno de Feijóo porque "non cumple coa sua promesa electoral" de deixar que sexan os pais os que elixan a lingua que deben utilizar os seus fillos na escola.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/01/2010 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Tanto Galicia Bilingüe coma a Plataforma Democracia y Libertad teñen denunciado duramente o decreto e aseguran que foron "enganados" por Feijóo, a quen lle lembran que, durante a campaña electoral prometeu que os pais poderían elixir o idioma das materias troncales, e terían liberdade para utilizar nas aulas tanto oralmente como por escrito tanto castelán como galego.

"Los militantes, simpatizantes, votantes del PP y muchos colcetivos más nos sentimos defraudados, utilizados y engañados por usted", apuntan desde a Plataforma Democracia y Libertad.

Tamén a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, acusa a Feijóo de mentir e di sentirse "moi decepcionada". Critica que o PP se refira a GB coma un "grupo de extremistas" e anuncia que seguirá defendendo o dereito dos pais a elixir a lingua dos seus fillos.

Os xornalistas Raúl Vilas e Cristina Losada, colaboradores de Libertad Digital, analizan o decreto do ensino do galego aprobado no último Consello do pasado ano e amosanse críticos coa opción adoptada polo Executivo de Feijóo.

 

Nos últimos días teñen aparecido varios videos en Internet criticando ao presidente galego por incumprir as súas promesas electorais:

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

12 un calquera

Porqué entón Xan nestes últimos anos tivemos que ver as subvencións e axudas millonarias á banca en crise. Non sería mellor deixar que o sacrosanto e liberal mercado seguise o seu curso?. Porque calquera subvención para o desenrolo de calquer sector queda en nada ca brutal inxección de capital feita á banca nesta crise. Por outra parte responsable da mesma. Sobre Baltar, poderíades no PP dicir que delitos ten Baltar e denuncialo por favor?, poderíades renunciar ás actas de deputados que obtén o señor Baltar por consideralas antidemocráticas?, ou senón é así calar a boquiña e dicir que Baltar, no fondo, é un mais da troupe de mangantes que é o PP?.

11 malaka

Vaia ho, todo o Mundo atacando o neoliberalismo radical dos últimos anos, apostando por unha volta ó keynesianismo, pola regulación dos mercados e a maior intervención na economía por parte do estado, e hai aínda xente como a Espe e os seus acólitos que apostan polo contrario, pese o fracaso do modelo que defenden. Xa le un pouco.

10 Xan

Pero bueno pobre hombre, no te enteras de nada. Baltar es más intervencionista y socialista que tu; el control de los dineros públicos le vuelve loco. En Orense no se mueve nada sin que su majestad baltarista lo ordene. En el PP ganaríamos muchos votos si presciendiéramos de este elemento y su corte. No metas a Esperanza por el medio porque son como la noche y el día. Esperanza dijo no hace mucho que habia que acabar con subsidios y subvenciones. Te imaginas que vosotros sacariaís algún voto si no fuera por el mangoneo que haceis con las subvenciones. Lee un poco.

9 Manda curullo co xanciño

Xanciño, por qué non vas tomar un pouco o aire ho, a ver si refrescando as meninxes pensamos un pouquiño. Así que o de Baltar é caciquismo pseudosocialista, manda carallo, e eu que creín que era un facha pepeiro coma moitos (Fabra, Espe, Ánsar, Cañellas, Camps, en fin, o normal na dereita é ser cacique), manda truco. Así que os de dereitas si vos decepcionan quedades na casa, manda huevos que dicia aquel de Viva Honduras en Guatemala, o que pasa e que vos mandan autobuses para ir votar, e cunha paparota e gaiteiros xa vos pasa o desencanto, estilo Fraga-Cuiña-BAltar. O que hai que escoitar destes peperitos.

8 válghame deus

"Hoy, Sandra León ha entrevistado a dos de los periodistas gallegos más imporantes en la actualidad. Cristina Losada y Raul Vilas, ambos compañeros nuestros de esta casa." os fachas de Libertad Digital son sectarios e cachondos como só poden eles