Desencantados con Feijóo

Militantes e votantes do PP aseguran estar "desentacantados" e "moi disgustados" co novo decreto do ensino do galego aprobado polo Goberno de Feijóo porque "non cumple coa sua promesa electoral" de deixar que sexan os pais os que elixan a lingua que deben utilizar os seus fillos na escola.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/01/2010 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Tanto Galicia Bilingüe coma a Plataforma Democracia y Libertad teñen denunciado duramente o decreto e aseguran que foron "enganados" por Feijóo, a quen lle lembran que, durante a campaña electoral prometeu que os pais poderían elixir o idioma das materias troncales, e terían liberdade para utilizar nas aulas tanto oralmente como por escrito tanto castelán como galego.

"Los militantes, simpatizantes, votantes del PP y muchos colcetivos más nos sentimos defraudados, utilizados y engañados por usted", apuntan desde a Plataforma Democracia y Libertad.

Tamén a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, acusa a Feijóo de mentir e di sentirse "moi decepcionada". Critica que o PP se refira a GB coma un "grupo de extremistas" e anuncia que seguirá defendendo o dereito dos pais a elixir a lingua dos seus fillos.

Os xornalistas Raúl Vilas e Cristina Losada, colaboradores de Libertad Digital, analizan o decreto do ensino do galego aprobado no último Consello do pasado ano e amosanse críticos coa opción adoptada polo Executivo de Feijóo.

 

Nos últimos días teñen aparecido varios videos en Internet criticando ao presidente galego por incumprir as súas promesas electorais:

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

2 Lunet

Quén son estes xornalistas? O video introduce a Cristina Losada e Raul Vilas como "de los más importantes periodistas gallegos de la actualidad". Esta xente non vive na realidade, calquera pódese dar conta que os extremos políticos na Galiza están representados por nacionalistas(non me refiro ó bloque especialmente) e por Galicia Bilingüe e outras asociacións polo estilo, quen non admita isto non se pode considerar nin medianamente obxetivo.

1 Pardo de Cela

Neste bodrio existen críticas pola banda da extrema dereita do pp, ás que cita GC, pero tamén pola banda pseudogaleguista do pp, como son os casos xa publicados de Cuiña e o fillo de Baltar, entre outros. Debemos ser o único país onde os responsables da educación dos nosos nenos fan deixazón das súas responsabilidades e plantexan un sistema de imposible cumplimento. Máoga que teñamos que agardar ó 2013 para encarrilar novamente o futuro do noso pobo, despois dunha paréntese que se vai facer eterna e que se caracteriza pola carencia de iniciativas construtivas.