Por Xurxo Salgado | Compostela | 16/03/2017 | Actualizada ás 16:00
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non puido ser máis claro sobre a situación da Confederación de Empresarios de Galicia: “A situación da CEG é límite”, dixo ao referirse aos graves problemas internos que padece esta entidade tras a elección de dous presidentes en menos de dous anos e o amago da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) de abandonar a entidade .
“Levamos varios anos de crise e iso malo para o país”, dixo Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Precisamente, GC preguntoulle sobre se ten previsto reunirse co novo presidente, Antón Arias, con quen non mantivo ningún encontro desde que foi elexido hai case dous meses.
“Fai unha semana e media que me pediron unha entrevista e estamos nos cauces normais para celebrala, a pesar de que estamos cunha organización en crise”, contestou Feijóo. Segundo fontes consultadas por GC, o Goberno galego utiliza a crise interna da organización para evitar ter encontros oficiais ata que “non se resolva” a súa situación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.