Por Galicia Confidencial | A Ramallosa | 16/03/2017 | Actualizada ás 19:18
O evento será o 1 de abril e segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Conchi García, busca “consolidar esta cita co software libre e o coñecemento e a cultura” . Os interesados xa poden escribirse nos obradoiros a través da web do Libreteo. Como gran novidade, unha festa informática, coñecida como ‘lan party’, con 50 prazas.
A concelleira destaca “o esforzo do Concello por presentar unha oferta de actividades variada e interesante na que tentamos atender as diferentes franxas de idade con talleres para adultos/as pero tamén para nenos/as e mocidade”.
Os talleres tratarán temas como electrónica básica para nenos/as, arduino dende cero, audio e podcasting, youtube ou a webserie recentemente premiada nos Mestre Mateo “Galicia Crime”. Tamén haberá unha proxección das mellores fan-movies de Star Wars.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.