Temas: RENFE ADIF TREN FEVE

O tren no que se pode ir gratis pero sen garantía de chegar a destino

Avarías diarias, longas esperas nos andeis sen ninguén a quen poder preguntarlle, viaxes interminábeis porque o tren para en todas as estacións porque que non hai revisor … A descripción que fai a Plataforma pola Defensa do Ferrocarril Ferrol Ribadeo é dantesca, propia dun servizo que o Estado leva décadas deixando esmorecer para, se cadra, pechalo.

Por Galicia Confidencial | Ribadeo | 20/03/2017 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

Os usuarios denuncian que a miúdo teñen que recollelos taxis e autobuses ante as constantes avarías dos novos trens. Tamén alertan de que os horarios foron cambiados para facelos máis impracticábeis e que mesmo non se contan os pasaxeiros co fin de menoscabar a importancia do FEVE.

Tren da liña do FEVE
Tren da liña do FEVE | Fonte: change.org

Ante esta situación, a citada Plataforma un comunicado no que reclaman a todos os concellos, asociacións e colectivos da zona que se una a súa reivindicación. Tamén argumentan que cómpre transferir a liña á Xunta de Galicia dado o “abandono” por parte do Ministerio de Fomento.

A Plataforma lembra que o FEVE - o ferrocarril de vía estreita- é o único servizo de transporte público que artella as comarcas de Ortegal, Ferrolterra e a Mariña de Lugo. Unha zona que, ademais, ten un importante atractivo turístico, un sector que sería ideal para potenciar este tipo de tren.

O ano pasado foron máis de 480 as persoas que asinaron en Change.org para reclamarlle a Renfe, a Xunta e Adif que se poñan as pilas. Polo que se ve, polo de agora as administracións fixeron oídos sordos a estas reclamacións.

Temas: RENFE ADIF TREN FEVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Arturo

Entre Ferrol e Ribadeo segue habendo os mesmos servicios de sempre, aproximadamente as mesmas horas, dous pola mañá, un a mediodía e otro pola tarde. Tería que haber moitos mais. A min paréceme un miragre que esta liña sobrevivise, e estou total e absolutamente a favor de que subsista e mellore. Teño viaxado moitas veces nela. Polo visto, os novos automotores sairon moito peor que os vellos " Apolos", ( vendidos a Costa Rica ) menos sofisticados, pero mais robustos. Pero, xa digo, se quixexen pechala, xa hai moito que o houberan feito.

2 Arturo

Os horarios entre Ferrol e Ribadeo son os mesmos de sempre. Non se cambiaron. Compre mellorar o FEVe, pero a información que se da é moi exaxerada. O tren sigue a funcionar, e se quixeran pechalo, o houberan pechado fai moito, sen necesidade de excusa algunha

1 Albertoviveiro

Sabe vostede que no 2014 os horarios cambiaron , e moito? sabe vostede que no 1998 existiron cercanías na Mariña lucense durante 50 días e as retiraron cando escomezaban a funcionar, aínda sen ningún tipo de publicidade? parecelle esaxerado que todos os días existan supresións? pode vostede chegar ao traballo tarde unha hora todos os días? parécelle normal que circulen trens en horarios sin sentido e cando hai demanda, non? cre esaxerado protestar porque de 9 automotores só esteña en condicións de circular 1? Polo seus comentarios, parece que non ser precisamente coñecedor do que acontece nestes servizos...

1 anonimo

480 pax? menuda gilipollez de noticia, no había nada mas? en serio?