Por Antón Tenreiro | | 31/01/2010
Supoño que os responsábeis do Xacobeo, da Secretaría Xeral para o Deporte e o propio conselleiro Roberto Varela estarán cabreados pola lóxica reacción de numerosos deportistas galegos de élite indignados por contratar ao dopado David Meca para promocionar con paga secreta un acto do xacobeo.
Mentras deportistas como Cal, Perucho, Eva Castro, e moitos outros se queixan da falta de apoio; mentras que o deporte galego adoece de politicas decididas de apoio e promoción, ou mentras se deixa de convocar os partidos das seleccións galegas, o goberno galego contrata deportistas de fora (algúns condenados por dopaxe) para promocionar o Xacobeo e de paso os seus petos con diñeiro público de todos os galegos.
Non hai 12.000 euros para que Eva Castro poida participar en unha Copa do Mundo, non hai diñeiro para as seleccións galegas, non hai diñeiro para os nosos olímpicos, pero hai diñeiro (non sabemos canto) para David Meca, Nadal, Gasol, Casillas... todo moi galegos!
Non hai diñeiro pero tampouco hai tempo para sisitir á final dos dous millores equipos galegos de futbol sala na Copa de Galicia. Pero que deporte goberna esta xente? desde logo o deporte galego e os seus intereses non.