A NAFO preparará en Vigo a avaliación do stock de fletán negro

O Consello Científico da Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste reunirase no Centro Oceanográfico de Vigo do 3 ao 7 de abril,

Por Galicia Confidencial | Vigo | 31/03/2017 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

O Centro Oceanográfico de Vigo, do Instituto Español de Oceanografía (IEO), acollerá do 3 ao 7 de abril a reunión do Consello Científico da Organización de Pesqueiras do Atlántico Noroeste (NAFO), cuxo obxectivo será preparar a avaliación do stock de fletán negro nos bancos de Terranova.

Fletán
Fletán | Fonte: NOAA.

Na reunión participarán 25 científicos das 12 partes contratantes da Convención NAFO. Por parte do IEO asistirán Diana González Troncoso e Fernando González Costas, investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo.

O Consello Científico é un órgano constituínte da NAFO que, tal como establécese no Convenio NAFO, compila e mantén estatísticas e rexistros, e publica información relacionada coas pesqueiras, incluíndo factores ambientais e ecolóxicos. A petición, o Consello Científico tamén presta asesoramento á Comisión de Pesca da NAFO e aos estados ribeiregos sobre a conservación e xestión dos recursos pesqueiros.

Durante a reunión comezarase a desenvolver o proceso de avaliación de estratexias de xestión para o fletán, que será presentado na reunión anual de NAFO de setembro e cuxas liñas xerais foron acordadas no grupo NAFO Joint Fisheries Commission-Scientific Council Working Group on Risk-Based Management Strategies (WG-RBMS), celebrado o pasado mes de febreiro en Londres.

O fletán negro de é un dos principais recursos explotados pola frota de altura española na área de regulación de NAFO, que está composta por uns 15 grandes barcos conxeladores, a maioría con porto basee en Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta