Oleiros: un lar para o nacionalismo aberto

Chegoume un convite para a inauguración de un local do BNG de Oleiros que en principio pareceume a tipica apertura da clasica sede de un grupo politico que moitos cidadáns observan desde fora pero que ven como algo pechado, restrictivo, mesmo endogámico.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 20/03/2010

Comparte esta noticia

Pero non, posto a ler o convite descubrín con alegría que ese local social, non se chama "sede do BNG de Oleiros" senón "LAR, espazo aberto".

O que parece unha tontería, resulta ser máis importante, pois o nacionalismo precisa "abrirse" á sociedade definitivamente, con estas e outras iniciativas, que con maior ou menor éxito representan a inmersión real no tecido social.

Inaugurar un local que costa cartos para poñelo á disposición de agrupacións, clubes, entidades e mesmo comunidades de veciños e/ou particulares que o precisen e de balde, é unha iniciativa preciosa e que debe ser seguida polo BNG en outras localidades e por outras forzas politicas, sindicatos, asociacións etc.

O nome, "LAR, espazo aberto" é calido e integrador e representa a intencionalidade e a vocación de este local social no amplo sentido da palabra. O tempo dirá do seu éxito, pero a iniciativa é novidosa. Noraboa aos nacionalistas de Oleiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog