Cerna pide un gran pacto no Estado para apartar ao PP do goberno

A formación nacionalista celebrou a súa II Asemblea esta fin de semana na que insistiu na importancia do partido instrumental En Marea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/05/2017 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A formación nacionalista Cerna, que forma parte de En Marea, pide un gran acordo no Estado para apartar ao PP do Goberno españo. Así o decidiu durante a celebración da súa II Asemblea que tivo lugar esta fin de semana.

"Que Rajoy siga gobernando despois de perder dúas elección en medio ano, da conta da incapacidade das dirixencias da esquerda para que as demandas da cidadanía fosen a prioridade á marxe de personalismos, partidismos e do mito dunha nación española que se nega a recoñecerse como tal", indica.

Así, considera "prioritario" recuperar o espazo de ruptura e que a esquerda e as forzas nacionalistas das nacións do Estado, "incluídas as de España en sentido estrito", conformen unha "grande alianza" para apartar ao PP do Goberno. "Hai que promover unha limpeza da corrupción, e iniciar procesos constituíntes para a reformulación do Estado", engade nun comunicado.

De feito, Cerna alude ao espazo de coalición de En Marea como un exemplo de colaboración para "quitar" ao PP do poder. Neste sentido, insiste nesa unidade para superar "o interese de sempre da elite económico-político-mediatica e a acomodación da autodenominada nova política á situación que resultou simplemente en substituír o bipartidismo por un tetrapartidismo".

A formación que xurdíu tras as diversas escisión do BNG destaca que o cenario político resultante das eleccións ao parlamento de Galicia e a irrupción do partido instrumental En Marea (EM), do que participa, "é a única novidade esperanzadora".

A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez, Paula Verao ou Luis Eiré, entre outros
A cúpula de Cerna, con Consuelo Martínez, Paula Verao ou Luis Eiré, entre outros | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Fente

Arriba Palleiro de Chantada, tú eres único, sin ti este país non sería o mesmo. Galicia precisa xente coma ti, capaces de facer tantos partidos como anos de vida, adiante coas túas propostas e coas túas rupturas,

6 Como que cúpula

Se non son mais que eses. Ou quedou algún que foi ao baño mentres sacaban a foto

5 Ith Andrade de Castro

Non houbo posto no Parlamento para ti Chelo. Vámovos limpar, maniobreiros, trepas...andades ao que andades, a pillar na politica. A Mario e ao conspirador cutre , que non se lava...do Palleiro, ni agua.

4 Guillerme Gintonic

Cheliño, Malvido, Palleiro . VIVIDORES

3 expañolis vermes noxentos!

SON 4 GATOS!!!! pero non saben como as gasta o Waldo das jons (PABLEIRAS) seica non saben que o "neno REJON" non lle deixaron subir a tribuna onte en mandriles, que o pobre tivo que facerse un selfie entre uns amigos... non amigos expañolis, O PODREIROS ESTA METENDO O PP NO GOBERNO, agora toca moción-paripé de censura... O de onte en podreiros en mandriles foi ben miserabel, autenticas escouras e prostitutrices galegas estiveron de escravas de podreiros, incluso o tone andaba a levarlle a cadeira de rodas o echameunquiqui (o golfo que non tiña asegurado o contratado domestico na casa)... sodes escoura, sodes expaña!!!!