BNG A Coruña: "por un puñado de votos"

O futuro do BNG na cidade de A Coruña, antoxase dificil ao depender de "un puñado de votos" lembrando o famoso spaguetti western de Sergio Leone.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 05/05/2010

Comparte esta noticia

Por unha banda, Tello, coa alianza dos Irmandiños, tenta manter a súa maioría e renovar a candidatura á alcaldía despois de unha longa travesía que o levou ao goberno no mandato que remata, sabedor ademáis de que o seu nível de popularidade é superior ao do resto de posibeis candidatos.

Pola outra, a UPG, que busca acadar a hexemonía no BNG local e cambiar de candidato nas próximas municipais, para o que bota o resto incluíndo na pugna ao respetado Xosé Manuel carril, ex-secretario xeral da UDC, sustituido por Carlos Amoedo (+G), factor este que evidencia o actual "bó rollo" dos de Aymerich coa UPG e que pode condicionar posíbeis acordos entre estes no caso de non acadarse un acordo para unha lista única.

En +G, é coñecida a división interna na Coruña entre un sector plural e minoritario de ex-tellistas, ex-UG e afíns a Aymerich e outro sector no que a nível mediatico encabeza o "quintanista" Perez Lema pero no que o verdadeiro home forte é a figura emerxente de Oscar Carballo Iglesias, que ten afiliado antes de pecharse o censo a decenas de novos militantes e que o colocan como peza clave en calquera circunstancia, tanto en +G como no propio BNG, sabedores todos de que o futuro se decidirá "por un puñado de votos".

Oscar Carballo é o actual asesor de deportes no Concello de A Coruña, no que están a levar unha brillante xestión o tandem Caxigal (UPG)- Carballo (+G).

Carballo ten demostrada a súa capacidade de xestión a pesares da súa xuventude (28 anos) tanto no concello como na selección galega de futbol sala, ademáis de ser Doutor Cum Laude en Educación Física e estar realizando estudios de dereito.

O certo é que a verdadeira clave do que aconteza no BNG de A Coruña, pode ser ese puñado de votos fideis de Oscar Carballo e dos que ninguén se debe permitir o luxo de prescindir, pola súa capacidade de introducción social, pola nova imaxe de renovación, pola súa discreción no proceso, e porque un BNG de futuro na Coruña precisa máis de un Oscar Carballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog