Feridas tres persoas nun accidente de tráfico en Xinzo (Ourense)

Tres persoas resultaron feridas este martes como consecuencia dun accidente de tráfico co coche no que viaxaban no municipio ourensán de Xinzo de Limia.

OURENSE | 30/05/2017 | Actualizada ás 20:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas este martes como consecuencia dun accidente de tráfico co coche no que viaxaban no municipio ourensán de Xinzo de Limia.

Segundo os datos do 112, os bombeiros tiveron que axudar a unha das vítimas a saír do coche, pois quedara "nunha mala posición" na parte traseira do turismo.

Este sinistro tivo lugar na estrada que une Xinzo e Lamas poucos minutos antes das 16,00 horas.

Por outra banda, un autobús no que viaxaban 32 escolares e un camión que transportaba material de obra chocaron en Ourense, aínda que non se rexistraron feridos.

Tal e como indicou o 112, tratouse de "un rozamento" entre os dous vehículos debido á "estreiteza" da vía, na estrada de Monforte á altura do encoro de Velle.

Ocorreu sobre as 16,30 horas e os alumnos fixeron transbordo en dous autobuses para volver aos seus domicilios.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta