Díaz e Antelo exhiben as disensións dentro de En Marea

Yolanda Díaz aposta pola “pluralidade” de En Marea: “O resto son fórmulas excluíntes que non axudan a sumar”, di. O alcalde de Vimianzo repróchalle as súas declaracións: "Non pode ser que un representante (de En Marea) trate de dividir entre bos e malos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/06/2017 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea no Congreso e ata este sábado coordinadora de Esquerda Unida (EU), Yolanda Díaz, asegurou que "a cidadanía cre que o cambio político é diverso, plural e versátil". "Isto que quere dicir? Pois que quere a Alberto Garzón, a Eva Solla. Quere a persoas de Anova, a persoas de Podemos, a persoas sen entidade partidaria: quérenos colectivamente", argumentou.

A deputada de En Marea no Congreso Yolanda Díaz
A deputada de En Marea no Congreso Yolanda Díaz | Fonte: Europa Press

E é que Díaz cre que este é "o éxito dos camiños": "O resto son fórmulas, quizais excluíntes, que non axudan a sumar, senón todo o contrario: quizais a retroceder", razoou, en clara alusión á actual coordinadora de En Marea, encabezada por Luís Villares.

"A nosa fórmula é a colectividade e a pluralidade, esa cousa marabillosa de mesmo facer intervencións nas que, ás veces, dicimos cousas diferentes, pero que son complementarias e que son necesarias para o cambio social", explicou a ferrolá, xusto antes de facer fincapé en que EU representa "un imaxinario existente", do mesmo xeito que "Anova, Podemos e moitas persoas que non teñen alma partidaria". "Temos que construír colectivamente", defendeu.

Preguntada directamente sobre se se sente decepcionada coa maneira na que a actual coordinadora de En Marea está a pilotar o espazo de confluencia, asegurou que non. "Non, en absoluto. Estamos nun laboratorio de ensaios, e veremos se damos coa fórmula", subliñou, para logo indicar que están "en construción en todos os sitios" e que, por tanto, "non hai nada pechado".

"Mentres, construímos camiñamos e avanzamos e, sobre todo, achegamos saídas para a cidadanía. O máis relevante é falar de fóra e non de dentro", resolveu.

Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo
Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo | Fonte: QPC

FORO GALEGO APOIA A VILLARES

Pola súa banda, o alcalde de Vimianzo e membro do Foro Galego, Manuel Antelo, defendeu este sábado a actual coordinadora de En Marea, encabezada por Luís Villares: "Unha dirección política inequívoca e lexitimada democraticamente".

"O resto das cousas interfere, distorsiona e desvirtúa o proxecto", asegurou Antelo, en alusión ás críticas á actual dirección de En Marea.

"Hai unhas decisións adoptadas nos diferentes plenarios de En Marea, concretamente no plenario de Vigo, de construír un partido político nacional galego cunha dirección forte e unha territorialización, e niso hai que traballar", defendeu, xusto antes de volver facer fincapé na "lexitimidade democrática" da coordinadora.

Así as cousas, entende que "non se deben cuestionar as lexitimidades democráticas, sexan como sexan os resultados". "O mesmo que ao portavoz", apostilou respecto diso, xusto antes de engadir que "é necesario ter estes órganos" porque un proxecto como En Marea "ten que buscar a fórmula de transmitir mellor as súas ideas". Por iso, o Foro Galego aposta por "darlle continuidade ás decisións adoptadas".

PIDE LEALDADE A DÍAZ

Cuestionado polas declaracións de Yolanda Díaz sobre a coordinadora de En Marea, Antelo fixo fincapé en que "os representantes de En Marea deben ser leais ao proxecto [...], e despois as súas opinións particulares débenas facer nos órganos de En Marea e concretalas".

"As opinións xeneralizadas non son útiles. Cando se manifestan opinións e ademais non se argumentan son inútiles", dixo Antelo, quen considera que Yolanda Díaz ten "un papel moi importante como responsable de En Marea no Congreso". "Creo que fai un traballo moi bo e, nese sentido, é no que ten que contribuír ao traballo de En Marea", opinou.

"Loxicamente, dando os debates que estime oportunos, pero nos ámbitos nos que os hai que dar", matizou, para logo engadir que "non pode ser que un representante trate de dividir entre bos e malos". "Eu creo que esas experiencias son moi negativas e aquí todos somos bos, sempre que teñamos intención de compartir e colaborar", resolveu.

En concreto, Antelo realizou estas declaracións na terceira asemblea do Foro Galego, cuxo obxectivo é "contribuír" á "consolidación" de En Marea como un "amplo partido movemento" baseado na "democracia, a participación individual e o pluralismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

10 RAMIRO DE YOLI

Yoli: Onde deixaches a Toné ?

9 anonimo

-Se los ve venir, mi general, levantando polvareda. -Desde donde? -Entre Pinto y Valdemoro, mi general.

8 Lloli Procesiones

Empezaron aumentando as subvenccions para as procesións relixiosas católicas e acaban dando medallas oficiais á virxe. Quen? Os do PP? Non, ho! Foron os marias, digo, os mareas. Eses da laicidade e da republica expañolenta.

7 nostrus

Por quen hai que apostar é por C´s, porque é un partido que se preocupa maiormente polas personas, moi porriba das linguas, bandeiras ou relixions e apostando pola realidade, a diversidade, a liberdade e o mestizaxe e sin sufrir ningun tipo de complexo do que somos. As mareas podemitas e de Izquierda Undida teñen no seu ADN e na sua entraña o marxismo que tano dano fixo a Humanidade; non comulguedes con rodas de muiño.

1 Mame das zocas

Por iso ti para amosalo usas o esperanto non. Es un idealista. Eu soñote coma o Rick de Casabranca. O teu nome envelena os meus soños ou os meus pesadelos. Confundesme coma a noite e ata me fas poñer lirica.

2 Mame das zocas

Por certo, caro Nostrus, xa que ti coma min tes tendencia a opinar de todo, gustaríame saber que pensas sobre esta carta: http://www.nuevatribuna.es/articulo... Non esquezas ter en conta isto: http://www.diariosur.es/andalucia/2... E isto o que queremos para Galicia? Creo que esa é a resposta que tes que dar?

3 Mame das zocas

Ai, esquecía que para vós en educación o prioritario é que non lles "impoñan" aos nenos o galego... Por certo, se te acordas e tes tempo, comentas tamén esta nova: http://www.lavanguardia.com/economi...

6 Aupa Antelo

Fan mal en non darlle máis cancha en En Marea ao tránsfuga Antelo. Cando os tres baróns perdan as alcaldías e xa non poidan baronear igual el fica de duque ou polo menos de xentilhome.