Xorden outras cinco mareas en Ourense

Constitúense novas formacións en Montederramo, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada do Sil e Chandrexa de Queixa.

Por Galicia Confidencial | Manzaneda | 06/06/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

As mareas locais seguen aumentando. Se na mañá do luns xurdía a de Pontecaldelas, na tarde eran as mareas locais de Montederramo, Parada do Sil, Chandrexa de Queixa, A Teixeira e Castro Caldelas. 

Constitución de novas mareas en Montederramo, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada do Sil e Chandrexa de Queixa
Constitución de novas mareas en Montederramo, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada do Sil e Chandrexa de Queixa | Fonte: En Marea

Ao acto de constitución destas novas formacións da montaña de Ourense acudiron o deputado de En Marea Davide Rodríguez, o alcalde de Manzaneda Felix Dominguez e concelleiros de Son de Trives, Son de Manzaneda e Son de O Pereiro.

As novas mareas amosaron a súa disposición de avanzar na construción do espazo de unidade popular “para consolidar tamén no plano local a alternativa real ás políticas de desmantelamento do rural do Partido Popular”. Ademais, destacaron a necesidade de seguir dando pasos na participación das mareas locais no espazo nacional de En Marea.

O deputado de En Marea Davide Rodríguez salientou a importancia do proceso de territorialización na construcción de En Marea. “O noso País é rico e diverso, cada concello ten as súas características, as súas demandas e necesidades, as súas potencialidades e aspectos a mellorar, e quen mellor as coñece son as persoas que viven nel, polo que é esencial que as súas demandas, propostas e peticións sexan escoitadas e trasladadas ás institucións para buscarlle solucións", dixo.

En Marea, para artellar esa participación cidadá, aposta así por constituír asembleas territoriais, co obxectivo de “dotar dunha ferramenta eficiente ás persoas para trasladar as demandas e necesidades do seu concello ou comarca, propostas e inquedanzas ás institucións, dotando a estas asembleas de recursos de apoio e descentralizando a toma de decisións”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Ted Flanders

mágoa de bois!

4 Comunista independentista

Compre chegarmos á alcaldía para poder dar esa merecida medalla á Virxe dos Remedios de Castro Caldelas. Si se puede, hey. Outra medida importante vai ser a de recibir en lor de multitude aos lideres democráticos que loitan contra a ditadura de Maduro, como acaba de facer a nosa compi, a grande Manuela Carmena, que por certo, imos substituir polo xeneral Rodriguez, xa sabedes, o dos bombardeos de Libia.

1 Bng cipaios

XDDD Xa están a rabear os españolazos do Bng. Qué patéticos son. XDDDD

2 Comunista independentista

Tes razón, hai que botar aos cipallos do bloque. Para iso, os da marea de Fene, "somos Fene", fomos hoxe ao concello xunto co PP e uns tránsfugas do PSOe a presentar a moción de censura contra o alcalde do BNG.

3 Poltrona workin´class

Explica como é que o BnG pasou de 13 edís en Fene a 4 se non é por venderse continuamente ao Pp. Veña, explícao.

4 Hai morea

Que cho expliquen or responsábeis; os Beiras, Aymerich, Antelo, Tello, Arnoso ... e todos os dereitistas españolisas que do BNG se pasaron e venderon a Podemos.

5 Desfeita blocalla

Cando eran do Bloque non eran "dereitistas españolisas" e os levábades baixo palio. Deixade de ser uns cobardes e de botar a culpa aos demais, asumide as vosas responsabilidades na desfeita do Bloque. Mudar o logo sen mudar o voso modelo burocrático de políticos profisionais (Poltronas, Loberas, Aboyas, Viejóvenes Cela, Carecas Rego...) é un simples lavado de cara que non sae da vosa burbulla endogámica.

3 non somos tontos!

son familiares e amigos de cuchipandas dos alcaldes porcallentos que deixou o -Vieiras por ahí adiante agora tratan de roubar onde sexa.... DEUS NOS POÑA ONDE HAXA!!!! moita desta "merdella" pasou antes polo comunecio de expañol pero xa estaba cruda a cousa e agora van de podreiros pola vida adiante... que cara teñen DAVID PANFILO VOLTA OS CUCHUFELLOS... so... so .... SO PODREIROS!!!!

1 Anxo Quintana

Joder.... Chaval, non Sei que vos dan en Galiza Nova... O mellor é máis honesto gobernar nas deputacións co Partido Socialista Español, claro as deputacións son as institucións máis transparentes... Anda que menudo morro Que me troncho

2 Moita fame de fama e cartos

9 aghetas das targetas para cinco concellos. Hai morea

1 LKI

A mareas medran por toda Galiza, suben nas enquisas e consolidan o seu espazo político. Última enquisa para as xerais: PePé 10, En Marea 6, PeSoE 5, Ciudagramos 2, BeNeGá 0 (non existe e parece que tampouco se lle bota de menos): http://www.publico.es/politica/encu...

1 LKK

Se as Mareas del Podemos non ides sacar mais de 2 como moito nas próximas, Tone e a amiga da filla de Ferrín, iso se non hai coiteladas e dan conservado o salario. O resto a traballar.

2 O que queda do Bng

O resto a traballar, claro. Non como os do Bng, que non traballan na p*** vida e teñen as portas xiratorias das fundacións blocallas financiadas por España.

3 Mejuto Confidencial

Impresionante o nivel argumentativo dos esbirros do BNgal: "a amiga da filla de Ferrín". Está entre o lercheo barato de Jorge Javier Vázquez e a misoxinia reaccionaria de Federico Jiménez Losantos. Parabéns aos responsábeis de formación da "Fronte Patriótica" [sic].