O presidente da Xunta di que a Fundación Barrié non vai pechar

Asegura que dispón dun patrimonio imnobiliario que lle reporta sete millóns de euros anuais de rendabilidade para poder seguir a súa actividade tras a compra do Banco Popular polo Santander. “O que hai que saber agora é como se reorienta”, indica.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 08/06/2017 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

A Fundación Barrié non vai pechar. Así o asegurou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que indicou que, logo da compra do Banco Pastor –da que dependía-- polo Banco Santander, esta endidade seguirá mantendo a súa actividade “grazas aos activos inmobiliarios dos que dispón”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

A Barrié era o principal accionista galego do Popular. Cando o Popular mercou o Banco Pastor, controlado nun 40% pola Fundación, quedouse co 2,65% das accións resultantes.  Despois, en 2016, cando o Popular ampliou capital en 2016, a participación da Barrié reduciuse ao 1,5%. Pero co novo escenario, a Fundación Barrié  non vai ser accionista do Santander. A entidade coruñesa perde dereito a participar no reparto de beneficios mediante dividendos por acción.

En 2015 a Barrié recibiu 5,03 millóns de euros neste concepto. O ano anterior ingresara máis de 3 millóns polas súas accións. Con todo, a principal fonte de ingresos regulares da Barrié non eran os dividendos, senón os alugueiros de oficinas ao Banco Popular. En cumprimento do acordo polo que os madrileños compraron o banco galego, o Popular ten a obriga de alugar á Barrié edificios na Coruña (Cantón Pequeno e Orillamar), Vigo (Colón) e Bergondo (Polígono Industrial). 

E, precisamente, segundo Feijóo, son estes activos inmobiliarios o que van manter activa a Fundación Barrié. Así, suliñou que, actualmente ten 120 millóns en patrimonio inmobiliario, dos cales ten arrendados varios inmobles por valor de 80 milllóns. “Grazas a isto a súa rendabilidade é de sete millóns de euros”, suliñou.

Por iso, suliñou que a fundación vai “seguir tendo recursos” para os vindeiros anos e, por iso, “non lle preocupa”. “O que toca agora é saber como vai ser reorientada a partir de agora”, indicou.

Feijoo cos bolseiros/as da Fundación Barrié/ GC
Feijoo cos bolseiros/as da Fundación Barrié/ GC

Gasto de 8,6 millóns

A Fundación Barrié é unha das entidades privadas que máis gasta en obra social no país, aínda que tamén é certo que a súa actividade reduciuse algo nos últimos anos.  De acordo a súa memoria de 2015, ese ano gastou máis de 8,6 millóns en obra social.

Máis do 40% deses cartos foron partrimonio e cultura. Por exemplo, a restauración do Pórtico da Gloria en Santiago está cofinanciada pola Fundación. Case o 30% para educación, onde a Barrié, entre outras accións, sufraga educación superior no estranxeiro a ducias de mozos galegos todos os anos. No eido da acción social, que acapara o 17% do orzamento, a Barrié indica que beneficiou a máis de 2.200 persoas no seu programa te atención a menores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Sesees7atx

Que pouco pintas Feijóo, que pouco pintas

3 Eu mesmo

E si o Santander, como é previsible, rescinde ou resolve o contrato de aluguer?. O Santander ten un grande edificio no Cantón Grande da Coruña. Para qué quere o do Cantón Pequeno, 1 si xa non vai haber servizos centrais. A buscar inquilinos!!!

2 Ppp

Feijóo non di nada, coma sempre.

1 tachin

Buf, medo me da, mellor que estivera caladiño, porque como sexa como o das caixas ou a ducia de barcos que ia facer Pemex, estamos aviados