Asemblea Extraordinaria ... de +G

Por Antón Tenreiro | | 09/06/2010

Comparte esta noticia

Na última Asamblea Nacional do BNG a dulce derrota de +BNG (+G) supuxo unha victoria para un 45% da militancia que vía por vez primeira na historia do nacionalismo unha posiblidade de cambio na organización para encarar a modernización do nacionalismo galego.

A ilusión inicial vai mudando ao desencanto co paso do tempo, pola falta de percepción de politicas diferenciadas a respeito da forza hexemónica no BNG, a demostración de febleza organizativa e os erros estratéxicos cometidos.

A proposta inicial de máis BNG e menos partes é hoxe un BNG máis feble e con moitas máis partes por moito que se queiran ocultar estas en catro candidaturas da Asamblea Nacional.

Ter feito da convocatoria de unha Asamblea Nacional Extraordinaria do BNG antes das municipais o principal reto politico para despois volverse atrás deixou en evidencia as debilidades da corriente e fortaleceu aínda máis á UPG no goberno da fronte.

Un control que se viu reforzado no proceso de elaboración das candidaturas das cidades e que será percibido pola sociedade como máis UPG e menos BNG aberto e plural, e con un +G que se desinfla si non corrixe erros e muda o rumbo.

A mudanza e modernización do BNG para ser hexemónico na sociedade virá si +G afronta con valentía as propostas desde o propio exemplo, convocando despois do proceso de elaboración de candidaturas municipais unha Asamblea Nacional Extraordinaria de +G, eliminando a amalgama de siglas e nomes internos convertindose en partido politico, asumindo responsabilidades internas sobre os fracasos e erros cometidos e eliminando dentro de +G un asamblearismo caduco que facilita a participación (¿?) pero que non garante máis democracia.

O BNG corre un serio perigo de rematar no residualismo institucional si +G non aposta e encabeza decididamente a necesaria refundación do BNG na vindeira Asamblea Nacional da fronte. +G ten a grande responsabilidade de mudar e modernizar o nacionalismo para dar resposta ás necesidades futuras con valentía e ilusión, con responsabilidade pero con firmeza. Non hai tempo que perder...o futuro é agora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog