+Gz e BNG en caida libre...

Por Antón Tenreiro | | 12/06/2010

Comparte esta noticia

Despois de confirmarse a supremacía da UPG en Pontevedra, o seu dominio en Ferrol, o medre en Vigo a costa de +Gz, a victoria dos comunistas en Ourense e Lugo, e quedando so as dúbidas na Coruña, supoño que o comunicado conxunto dos principais lideres de +Gz negando problemas e dicindo que todo vai sobre rodas, empezará a desmoronarse.

Ese novo BNG do que se fala desde a cúpula de +G suponse que se practicará na propia asociación comenzando por asumir a responsabilidade politica do descalabro nas candidaturas das cidades, con un só candidato á alcaldía (Vigo) pero fortemente custodiado pola UPG e perdendo candidatos no resto do País, incluídos aqueles que eran ate agora tenentes de alcalde e portavoces.

Suponse tamén que en esa nova cultura politica contarase con asumir erros, e dar a responsabilidade toda a quén gañe e non compartir (como lle pasará a Antelo si non se soluciona) o piuor dos acordos, mentras que os que controlan o aparato saen indenmes de toda "quima" electoral e social.

Cecais os máximos responsábeis deberan ser os primeiros en convocar unha asamblea nacional extraordinaria de +Gz para poñerse a disposición da militancia da asociación e asumir as súas responsabilidades, correxir no posíbel os erros e afrontar de outra forma o resto do proceso, no que caerán alcaldes sen presentarse ás eleccións, caerán os apoios electorais por estar dominadas as listas pola UPG e comenzará a caída libre do BNG si non se pon freo a esta desfeita.

Ou seguiremos afrontando os problemas con paños quentes e escusas en vez de afrontar o futuro con valentía e sen medo a mudar un instrumento do período cuaternario na época das novas tecnoloxías?

Ate cando máis UPG e menos BNG? Aínda desde a honestidade, podemos equivocarnos, o valente é recoñecelo para poder millorar...

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog