Novas imaxes de satélite mostran a dimensión do desastre causado polo lume en Portugal

A Axencia Espacial Europea publica máis imaxes tomadas polos seus satélites sobre a área de Pedrógão Grande.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/06/2017 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Axencia Espacial Europea (ESA) está a difundir estes días diversas imaxes captadas polos seus satélites que mostran dende o espazo a magnitude do desastre causado polo incendio que arrasou máis 30.000 hectáreas en Portugal e que se cobrou 64 mortos e máis de 200 feridos.

Imaxe da Península Ibérica enviada polo satélite Sentinel-3 que mostra a superficie queimada en Pedrógão Grande (Portugal) e como se espalla o fume do incendio
Imaxe da Península Ibérica enviada polo satélite Sentinel-3 que mostra a superficie queimada en Pedrógão Grande (Portugal) e como se espalla o fume do incendio | Fonte: ESA.

O satélite Proba-V enviou este martes unha nova imaxe detallada, en alta resolución, da área afectada, Pedrógão Grande, na que se mostra o terreo calcinado, as marcas do fume e os focos aínda activos (en vermello).

Tamén o Sentinel-3 do proxecto Copernicus captou outra imaxe xeral da Península Ibérica na que se observa perfectamente a área arrasada e como se espalla o fume que deixa o xigantesco incendio.

Imaxe enviada polo satélite Proba-V que mostra a superficie queimada, o fume e os focos activos en Pedrógao Grande
Imaxe enviada polo satélite Proba-V que mostra a superficie queimada, o fume e os focos activos en Pedrógao Grande | Fonte: ESA.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta