Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2017 | Actualizada ás 19:17
Anova presenta "República e ruptura" como lema para o Día da Patria, nun 25 de xullo no que celebrará unha romaría popular en Santiago de Compostela para facer balance do curso político e avanzar liñas de actuación dos próximos meses.
Ademais desta cita, que estará encabezada polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez (13,00 horas no parque de Galeras), haberá unha xornada previa, o 24 de xullo, para analizar a unidade popular e os procesos constituíntes, que terá lugar na Facultade de Filosofía de Compostela.
Alianzas políticas de Anova, así como forzas de esquerdas soberanistas e independentistas vascas e catalás debaterán sobre ideas como república, ruptura democrática e procesos constituíntes.
Antón Sánchez foi elixido portavoz nacional de Anova o pasado mes de marzo en substitución do histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, quen deixou apartado o seu posto de coportavoz para centrarse na Alcaldía de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.