Por Antón Tenreiro | | 27/07/2010
Non debo de ser nacionalista cando cuestiono as teses emanadas do todopoderoso aparato politico-ideolóxico e renego de politicas endogámicas nin xuzgo ao resto de galegos como inimigos ou alienados polo sistema.
Non debo ser nacionalista cando defendo que todos os galegos e galegas debenter cabida en un proxecto nacionalista con vocación maioritaria que poña por diante o autogoberno de Galicia e aposta en valor de todas as potencialidades do País, no económico, no social, no cultural ou no politico, incluida a independencia (sí, a independencia) sen tabús, falandolle á xente sen enganos nin dobles mensaxes.
Non debo ser nacionalista cando creoen un empresariado propio, comprometido coa xeneración de riqueza e a criación de emprego e identificado co respeto ao territorio e a realidade do País.
Non debo ser nacionalista cando renego de sectarismos arcaicos e de exclusións ou defendo unha forza politica aberta a toda a sociedade galega e con vocación exemónica.
Non debo ser nacionalista, pois non me emocionan as consignas nin me motiva esa disciplina que algúns confunden coa sumisión.
Non debo ser nacionalista por non entender que "o que non está comigo, está contra min" ou por ter amigos que non son nacionalistas nin pensan coma min.
Porque si estes son os cánones do nacionalismo sería terrible...por iso sigo a ser nacionalista por diante de todo e cecais s que deberan repensar o seu nacionalismo sexan outros.
Tempo ao tempo...