Temas: VENEZUELA ANOVA

Anova tamén apoia o chavismo

Ao igual que fixera o BNG hai uns días, o partido nacionalista que forma parte da Marea acusa á oposición de ser violenta e contar co apoio de potencias foráneas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2017 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

Anova acusou á oposición de Venezuela de pretender o retorno da oligarquía ao poder e liquidar as conquistas do poder popular, manifestándose a formación política como "aliada" da unidade popular revolucionaria e solidarizándose coa República Bolivariana.

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

Nunha nota de prensa, Anova sitúase como "aliada da independencia venezolana, da súa soberanía nacional e da unidade popular revolucionaria", como formación que, "como a revolución bolivariana", é "antiimperialista".

Anova asegura que a oposición venezolana ten por obxectivo restituír a orde liberal e non ampliar liberdades nin dereitos sociais. A estratexia da dereita venezonala, engade, está "subordinada a desestabilizar o país, multiplicar o malestar cidadán e crear un estado de excepción que permita un golpe pola forza para derrocar ao goberno e á constitución bolivariana".

Anova acusa á oposición a recorrer "á violencia e á sabotaxe", tentando "deslexitimar eleccións limpas" co "aplauso" dos Estados Unidos, Europa e España, contando cos mesmos apoios das forzas e corporacións multinacionais que "encheron Latinoamérica de ditaduras militares e gobernos fascistas".

A formación política engade que a "falta de soporte social, o boicot", concentrado "en barrios ricos", transformouse "en violencia organizada e en terrorismo aberto nos meses previos ao 30 de xullo".

Como engadido, a "manipulación informativa" que, a xuízo de Anova, se está a producir ao redor da situación de Venezuela, "anestesia a conciencia crítica dos cidadáns" e "impón a bondade dunha intervención de forza contra a República Bolivariana".

Temas: VENEZUELA ANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Brixio

deslexitimar eleccións limpas??? ...vaia, hai burros en todas partes...

1 comunista independentista

Notición!