Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/09/2017 | Actualizada ás 10:00
Unión Progreso e Democracia en Galicia (UPyD) acusou duramente a Ana Pontón, a líder do BNG, de “incentivar o odio na sociedade galega como fixeron os nacionalistas cataláns” e pídelle “sentido común” ao Bloque. “É ridículo que o BNG defenda a autodeterminación para Galicia. Fan unha política de dereitas para unha Galicia progresista que necesita mirar a Europa, non pecharse a ela”, denunciou o líder da formación en Galicia, Javier Lojo.
Tras a presentación das “Bases democráticas” do BNG, no que se recolle o dereito de autodeterminación, UpyD criticou duramente un documento que chama a facer o que fai Cataluña. Quere Ana Pontón que os galegos lle guinden pedras á Garda Civil e que salten a lei como pasou en Cataluña? Si iso pasara, ela e a súa formación serían os máximos culpables”, advertiu Lojo. Así, suliñou que os territorios “non teñen ningún dereito, téñenos os cidadáns”.
UPYD cre que o modelo das autonomías está esgotado e non serve para garantir a igualdade e a cohesión. Por iso, reclama revisar este modelo e que o Estado volva a centralizar servizos como a Sanidade ou a Educación. “Galicia debe ser decisiva na toma de decisións nacionais pero non á conta de máis nacionalismo, senón de políticas progresistas que fagan que todos os cidadáns senten mellor representados”, indica nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.