A Galipedia organiza un wikiconcurso polo Día das Letras Galegas 2018

Convida aos seus usuarios a enviar un debuxo da escritora María Victoria Moreno, a homenaxeada este ano, ante o complicado de conseguir imaxes de libre uso.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/09/2017 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A Galipedia, a enciclopedia virtual, libre e en galego, organiza un interesante concurso de cara as vindeiras Letras Galegas 2018. Trátase dun concurso de debuxo para ilustrar o artigo da homenaxeada este ano, María Victoria Moreno, ante a dificultade de conseguir imaxes de libre uso. 

María Vitoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018
María Vitoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018

A obra presentada a este concurso pode ser un debuxo ou outra técnica artística. En calquera caso, a obra debe publicarse en formato dixital e licenciarse de xeito que sexa compatible coa política de uso da enciclopedia en galego libre na rede. A carga do ficheiro deberá facerse en Wikimedia Commons, cunha licenza correcta, e dentro da Categoría:María Victoria Moreno.

En todo claro, a entidade organizadora insiste en que “o retrato non pode ser copia ou calco doutro xa publicado”, aínda que o autor pode inspirarse na obra de varios fotógrafos. Os plaxios serán eliminados. O prazo de publicación, para entrar no concurso, remata o 31 de decembro de 2017, aínda que posteriormente se pode seguir cargando novas imaxes fóra da "competición".

Elección dos gañadores

Finalizado o prazo de publicación, haberá unha votación aberta na que se elixirá o retrato, que seguramente será a ilustración primeira que aparecerá no artigo da Galipedia sobre María Victoria Moreno. Este retrato e máis os dous seguintes con máis votos, serán os que se repartirán os premios do concurso.

Un retrato de Roberto Vidal Bolaño da Galipedia
Un retrato de Roberto Vidal Bolaño da Galipedia

A recompensa será “a satisfacción de ver publicada a obra propia en varias páxinas”, de Wikipedia en galego e noutras linguas, así como noutros proxectos  como, por exemplo, Wikiquot e un exemplar do libro de Eli Ríos (2016) Mulleres bravas da nosa historia. María Victoria Moreno de Urco Editora, única monografía, publicada, polo momento, sobre a autora; un bono de 100 USD para gastar na tenda de Wikimedia (https://store.wikimedia.org) e un bono de 50 USD para gastar na tenda de Wikimedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta