Feijóo converte o gran debate político de Galicia nunha discusión contra os “golpistas” de Cataluña

"Insurrección" e "subversión"foron parte das aseveracións que o presidente galego adicou á situación de Cataluña.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 04/10/2017 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Instou aos grupos da Cámara a asinar un texto en contra do que cualificou "golpe de estado". As propostas para Galicia quedaron opacadas, entre elas, máis postos de traballo ou impulsar o sector primario.

Feijóo en el Debate del Estado de la Autonomía
Feijóo en el Debate del Estado de la Autonomía

Máis de media hora falando de Cataluña. Ese é o tempo que adicou o Alberto Núñez Feijóo durante o seu discurso no debate do estado da autonomía, o debate político máis importante do país. Un debate que o presidente galego converteu nun debate sobre Cataluña. E iso, a pesar das advertencias que fixo o martes o presidente da Cámara, o tamén popular Miguel Santalices, que instou aos líderes políticos a centrarse nos problemas de Galicia e non nos de Cataluña.

Feijóo arrincou  e rematou a súa intervención no debate de política xeral cunha apelación ao acordo da Cámara para censurar os "ataques ao Estado de Dereito" por parte dos "políticos golpistas" de Cataluña. Así advertiu de que o que ocorre en Cataluña afecta a toda España, e por tanto a Galicia, e chamou a "defender a convivencia". "Eu fágoo sen paliativos", asegurou, crítico coa postura "ambigua" doutros partidos, en alusión ao PSOE.

Por iso, e sobre todo dirixíndose aos socialistas, pediu "pactar" unha proposta de resolución nese sentido pero, consciente de que sería "insuficiente", prometeu "predicar co exemplo" para que os galegos sentan "tranquilos".

O presidente galego despachouse a gusta contra os partidos nacionalistas e independentistas cataláns aos que cualificou de "infaustos", "infames" e "golpistas". E fronte a eses políticos contropuxo un modelo, o seu, de defensa da unidade e da convivencia en España.

Alberto Núñez Feijóo en el Parlamento
Alberto Núñez Feijóo en el Parlamento

Non tivo ningunhas palabras para condenar a violencia policial do domingo contra centos de cidadáns cataláns, pero si para criticar os "ataques" á democracia dos independentistas. "Mentres eu siga á fronte da Xunta non se avalarán nin cometerán disparates como os que se están vendo en Cataluña. Outros apoian o totalitarismo, pero non é o meu caso", dixo.

"Subversión"

Así, denunciou a "subversión ás normas constitucionais" e o "desafío á Democracia" do pobo catalán. E advertiu: "Defenderemos, con todas as medidas necesarias, que iso --a independencia-- non pase. O Estado das Autonomías é noso", suliñou en relación á aplicación do artigo 155 da Constitución.

"Non vivimos nun réximo opresor, como lle gusta dicir a algúns partidos nacionalistas e de esquerda, senón nunha Democracia plena", insistiu e acusou aos principais partidos cataláns de apostar pola "insurrección". "Non lles parece lamentable que non se fale do paro, da situación económica, das familias, e si do desafío independentista", preguntouse cando todos os medios do Estado e os de Galicia levan falando de Cataluña desde hai semanas e cando el mesmo substituíu o gran debate de Galicia por un debate sobre Cataluña.

Feijóo referendou a promesa que realizou cando tomou posesión do seu cargo por terceira vez, de "observar e facer cumprir" a lei, e preguntou aos grupos da oposición en que postura se sitúan. "¿En que lado está esta Cámara?", inquiriu, consciente que estes actos "ilegais" só poden "avalarse" ou "condenarse".

Pactos

Con todo, e a pesar de pedir un acordo sobre o tema catalán, tamén asegurou que o seu "socio de goberno" son os galegos. "E este mandato ímolo a respectar", manifestou durante o seu discurso no Debate do Estado de Autonomía, no que contrapuxo a "estabilidade" do seu Executivo, avalado pola "única maioría" absoluta do Estado, fronte á "tiranía" de "minorías" como a da Generalitat.

Por iso, para evitar "efectos" como o do independentismo en Cataluña apostou por "traballar para blindar as administracións fronte á chantaxe" de "quen non aceptan o papel que lles dá a democracia".

E que pasa en Galicia?

Tras case dez páxinas do seu discurso adicadas ao tema catalán, Feijóo comezou a falar de Galicia e describiu un país no que todo vai ben; o leite, o agro, os servizos, a industria, a pesca. "Obviamente, pódese facer mellor pero Galicia crece máis que o conxunto do Estado", dixo. "Todo admite matices, pero avanzamos cando había as maiores dificultades", engadiu.

En todo caso, avanzou que esta lexislatura será a do sector primeirio, a de máis innovación e máis exportacións.  Así, prometeu que a "mellora económica" que rexistra Galicia levará unha baixada de impostos, máis axudas para as familias, a ampliación da atención a dependentes, máis investimentos en sanidade, máis recursos para innovación e máis medidas para o fomento do emprego.

Anuncios

E fiel ao seu comportamento neste tipo de debates, o presidente galego anunciou unha batería de iniciativas. Así, dixo que o seu Executivo porá en marcha o primeiro campus dedicado exclusivamente á Formación Profesional (FP) en Galicia, no que varios centros especializados fomentarán a innovación e o nacemento de novas empresas. Tamén unha oferta pública de emprego con 14.000 novos postos de traballo, un plan estratéxico para a produción ecolóxica, a ampliación da tarxeta benvida para as rendas baixas, novas bonificacións nas taxas das garderías e máis medidas de conciliación para os empregados públicos, entre outras cuestións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

6 Watchingsolpores

Estou algo perdida: este non era o debate para falar sobre Galicia? A ver, a ver por exemplo de cuestións coma estas: http://www.farodevigo.es/galicia/20... http://www.laopinioncoruna.es/econo... https://www.lavozdegalicia.es/notic... http://www.farodevigo.es/economia/2... A ver, non... Errei. Isto é Baviera. Ou non? Oh... Non sei...

4 Arrouxo

Prácticamente nunca vexo a tele. Bueno, algúns días vexo SALVAME. Ese programa é tele en estado puro, como ben saben moitos. E ún que é "purista" non se conforma con meias tintas. Pero antes do 1 de outubro houbo dous días no que vin, estiven enfermo, a canle 24 horas. Só había comentaristas do PP e como máximo algún do PSOE ou achegado aos postulados dos mesmos. Non me extranha que os cataláns se queiran ir. Sodes demasiado atrasados mentais para gobernar un país ou Estado. Sodes anormais perdidos. Sodes como a BBC pero estilo "el chico la vara". Sodes xente cutre, cutre.

1 Arrouxo

Pertencedes a pequenas vilas, povos atrasados e avelhentados, provincias de poucos habitantes, capitais de provincia de poucos habitantes e queredes gobernar a xente que vos leva 30 ou 40 anos de adianto. Eu e moitos porque nacimos en sitios pequenos como os que estou a reflectir. Pero si nacera en Barcelona ou algunha provincia de Catalunha, veiravos como xente desfasada. Veriavos como a "Chiquito de la Calzada" pero metido a política.

2 fck

Bordáchelo tío. Non se pode definir mellor. Ananos mentais e culturais chamados a desaparecer, cutrez elevada ao cadrado pretendendo darlle lecións a povos que de verdade están no século XXI e o que é peor, pretendendo gobernalos. Só teñen a avantaxe de que son a maioría e iso por desgraza implica que por forza bruta gañan. Bochechóns que raian o límite da estupidez, incluso unha alta porcentaxe non chegan ao nivel mínimo de intelixencia. Sei do que falo porque por sorte ou por desgraza trato con eles.

3 Galegus

Hay que reconocer que el sosainas de Feijóo está subiendo enteros. Golpistas es lo que son, y en cualquier país de nuestro entorno la banda de Puigdemont y Trapero hace tiempo que estarían a la sombra. Hasta los propios letrados del Parlamento de Cataluña dicen que la Mesa de la cámara tienen el deber de impedir o paralizar un plendo para declarar la independencia. https://www.lavozdegalicia.es/retra...

2 Teño un lixo no ollo

Intenta esconder a súa total inutilidade nos insultos aos demais. O vello truco dos que só teñen a mentira, o roubo e a forza para desgobernar un país.

1 Ejjj que vamos

Non describiría mellor a un nacionalista galego ou catalán. Perfecta a túa definición. Chapó.

2 Lavádevos PPorconas

Millor aplicala a quen goberna Galiza...¡Pasa para a escola!....ejjj que vamos

3 Ajoyagua

Gobierna Galicia por voluntar mayoritaria de los gallegos. El pueblo es quien más ordena, mientras que vosotros seguiréis amargados en la marginalidad política per secula seculorum

4 Caetano

Menos lobos, rapaz. Por vontade do 25% do electorado galego.

5 "Y tú más"

Dos teus meses de escola non che queda máis que un refrán que lanzas veña ou non a conto. Aprende, homiño, que hai máis. Mira este : !cada un raña onde lle proi

6 Ejjjjj que vamos

Ao do nick ese que fai referenza ao acto de limpar o corpo cando o tes suxo só dicirlle que... vendo o teu alcume e como falas non creo que saibas nin o que é unha escola, posiblemente non por teus pais (votantes do PP) que sacrificaron toda a súa vida traballando arreo e aforrando para que ti foses, senón porque te cres tan listo e superior que foches un autodidacta e aprendiches a vivir do aire. Ánimo campeón. O teu saber non se pode perder, sigue así berrando, outros 8 aniños máis polo menos ao ritmo que ides.

7 Lavádevos PPorconas

Lé o que se di antes de respostar parvadas: quen goberna Galiza é o PP non os nacionalistas e así nos vai. Gosto do que dis de min, nótase que te cabreas, chupatintas... ¡pasa para a escola!...ejjj que vamos.