Homenaxe a un dos impulsores do reintegracionismo en Galicia

AGAL conmemora 30 aniversario da novela 'Scórpio' de Ricardo Carvalho Calero cunha reedición da obra, a convocatoria dun premio literario e contacontos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/10/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A Associaçom Galega da Lingua (AGAL) organiza, en colaboración coa Deputación da Coruña, o proxecto 'Rede Scórpio' para conmemorar o 30 aniversario da primeira publicación de 'Scórpio' (1987, Sotelo Blanco) de Ricardo Carvalho Calero, unha obra que obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega o ano 1987, e é considerada como unha das grandes obras do século XX da literatura galega.

'Rede Scórpio' ten como obxectivos principiais dar a coñecer a obra entre a sociedade galega, divulgar a súa importancia como testemuño da nosa memoria histórica e fomentar a súa lectura. A obra reeditada conta cun epílogo de Arturo Casas e un booktrailer para axudar na súa divulgación. Esta nova edición poderá encontrarse xa desde mediados deste mes nas librarías e será distribuído nas bibliotecas da provincia da Coruña.

A segunda das iniciativas para a divulgación da obra é a convocatória do Premio 'Scórpio' de Narración Breve, que se desenvolverá entre os días 24 de outubro e 22 de novembro de 2017. Este premio pretende fomentar, segundo a AGAL, o coñecemento da obra promovendo novas creacións ao redor dela. Deste xeito, os textos participantes deben propor entre 1 e 5 novos capítulos para 'Scórpio', respectando a estrutura tipo dos capítulos da obra. Serán outorgados un primeiro premio de 750? e un segundo de 300? o mes de decembro no Culturgal.

Unha terceira iniciativa do proxecto 'Rede Scórpio' é a organización de dous encontros con Quico Cadaval, quen contará 'Estórias ao pé dun carballo'. O primeiro encontro será o día 2 de novembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela e o segundo o día 15 de novembro no Ateneo do Ferrol.

Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia
Filgueira Valverde (á dereita) e Carballo Calero (ao seu carón) nun acto que tivo legar pouco despois de chegada a democracia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anônimo