Mapa interactivo da NASA dos incendios que arrasan Galicia, Portugal e Asturias

O sensor MODIS da axencia espacial estadounidense capta dende o espazo os lumes activos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A NASA rastrexa desde o espazo a intensidade da calor emitida polos incendios para axudar aos equipos de emerxencias. O mapa interactivo incluído aquí reflicte os lumes activos captados nas últimas 24 horas polo sensor MODIS (Moderate Resolution Imaging Spectroradiometer, en inglés), que viaxa a bordo do satélite Terra da NASA.

Lume sobre Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Lume sobre Gondomar, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

MODIS é capaz de ver as radiacións infravermellas emitidas polos incendios na superficie terrestre.

A información do MODIS é usada polos servizos de emerxencia de todo o mundo para crear mapas activos de incendios e ver cara a onde se moven os lumes na súa evolución.

Podes usar o zoom para ver os incendios en zonas concretas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Josito

Poder cos incendiarios nun día ou dúos cargaron desde Arxelia ata Vigo e despidos débiles tiempo a cenar a Muniellos e pasar a Francia e otros países de Europa. Que lle diesen o avión o Fernando Alonso