Carnota convértese no epicentro do debate científico sobre a xestión dos montes post-incendio

O Grupo de Ecoloxía do Lume da Universidade de Santiago organiza as 'Xornadas sobre xestión do monte incendiado mediante ferramentas multiescala: o caso do Monte Pindo'.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 22/11/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O Salón de Actos da Casa do Concello de Carnota acollerá os vindeiros días 1 e 2 de decembro, as 'Xornadas sobre xestión do monte incendiado mediante ferramentas multiescala: o caso do Monte Pindo', que buscan dar resposta ás múltiples preguntas que xorden cando o monte arde e á cuestión fundamental de: que hai que facer despois dun lume.

Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo
Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo | Fonte: Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Grupo de Ecoloxía do Lume da Universidade de Santiago (GEFUSC) leva anos facéndose esa pregunta, polo que lanzou o proxecto GESFIRE, alcume do proxecto de 'Ferramentas multiescala para a xestión post-incendio de ecosistemas forestais propensos ao lume no contexto de cambio global', que usaría de referencia varios espazos naturais recentemente devastados polos incendios, entre eles o Monte Pindo.

Neste contexto, puxéronse en contacto coa Asociación Monte Pindo Parque Natural para pedirlles apoio e colaboración no acceso aos datos do Catálogo de Especies do Monte Pindo (CEMP) que vén elaborando esta entidade desde hai case un lustro. Esta colaboración fíxose finalmente realidade a través da sinatura dun acordo entre a entidade académica e Monte Pindo Parque Natural pola que esta lle cedeu todos os datos que logrou compilar.

A iniciativa desenvolveuse cun intenso traballo de campo que incluíu o mapeo sistemático de determinadas áreas do Monte Pindo a vista de drone. A pasada semana comunicóuselles desde o GEFUSC que as conclusións do traballo se ían presentar en Carnota durante unhas xornadas específicas dedicadas ao Monte Pindo.

"Esta decisión congratúlanos inmensamente, pois coincide plenamente coa nosa filosofía de achegar a ciencia e o coñecemento ao pobo, e contribúe a seguir poñendo o Monte Pindo, Carnota e o rural galego no mapa das investigacións cientíticas", expresa a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que participará cunha intervención na segunda sesión das xornadas coa conferencia "Valores naturais, culturais e de ocio do monte e a sua xestión. O caso do Monte Pindo”, a cargo de Mario Maceiras, secretario da asociación.

Xilberto Caamaño, da Asociación Monte Pindo Parque Natural, cun membro do proxecto GESFIRE do Grupo de Ecoloxía do Lume da Universidade de Santiago (GEFUSC), durante os traballos na zona cun drone.
Xilberto Caamaño, da Asociación Monte Pindo Parque Natural, cun membro do proxecto GESFIRE do Grupo de Ecoloxía do Lume da Universidade de Santiago (GEFUSC), durante os traballos na zona cun drone.

PROGRAMA E INSCRICIÓN

1 DE DECEMBRO

1ª Sesión

  • 10:00-10:30 Rexistro e entrega de documentación
  • 10:30-11:00 Inauguración oficial das Xornadas. Alcalde de Carnota, Director Xeral de Ordenación Forestal,Vicerrectora de Investigación e Innovación da USC, Organizadora das Xornadas
  • 11:00-11:30 Conferencia: “Xestión de áreas incendiadas en Galicia”. D. Tomás Fernández-Couto. Director Xeral de Ordenación Forestal, Xunta de Galicia.
  • 11:30-12:00 Conferencia: ”Interacción entre as técnicas de última xeración e as convencionais para xestionar áreas incendiadas”. Dra. Mercedes Casal. GEFUSC. Facultade de Bioloxía, USC.
  • 12:00-12:30 Pausa café
  • 12:30-13:00 Conferencia: “Xestión de Especies Exóticas Invasoras”. Dr. Jesús Santamarina. Subdirección Xeral de Calidade Ambiental, Xunta de Galicia.
  • 13:00-13:00 Conferencia: “Invasión de Paraserianthes lophanta no Monte Pindo”. Dr. Juan García Duro. GEFUSC. Facultade de Bioloxía, USC.
  • 13:00-13:30 Pausa comida

2ª Sesión

  • 15:00-18:00 Visita de campo para observar o estado de recuperación do Monte Pindo. Visitaranse distintas partes do Monte Pindo e en cada unha delas os asistentes as xornadas recibirán explicacións dos profesores sobre aspectos relacionados con uso das ferramentas multiescala, o estado de rexeneración da vexetación nativa e da recuperación dos servizos ecosistémicos, e os procesos de invasiones biolóxicas sufridas nos últimos anos.
  • 18:30-19:00 Conferencia: “Comportamento competitivo das especies exóticas invasoras”. Dra. Elvira Díaz Vizcaíno. Escola Politécnica Superior, USC.
  • 19:00-19:30 Conferencia: “Invasións biolóxicas e lume: estudo de casos”. Dra. Otilia Reyes. GEFUSC. Facultade de Bioloxía, USC.

2 DE DECEMBRO

3ª Sesión

  • 10:00-10:45 Conferencia: “Régimen de incendios y su impacto en el funcionamiento de los ecosistemas propensos al fuego”. Dra. Leonor Calvo. Facultad de Biología, Universidad de León.
  • 10:45-11:15 Conferencia: “Aplicación de imágenes de satélite en la evaluación de la regeneración y restauración post fuego”. Dra. Susana Suárez Seoane. Facultad de Biología, Universidad de León.
  • 11:15-11:45 Pausa café
  • 11:45-12:15 Conferencia: “Valores naturais, culturais e de ocio do monte e a sua xestión. O caso do Monte Pindo”. Conferenciante: D. Mario Maceiras Dosil. Asociación Monte Pindo Parque Natural
  • 12:15-13:45 Mesa redonda: “Xestión integrada dos montes para a preservación e uso dos servizos ecosistémicos”. Moderadora: Dra. Otilia Reyes. Dra. Mercedes Casal, Dra. Leonor Calvo, Dr. Juan García Duro, D. Mario Maceiras Dosil
  • 13:45. Clausura das Xornadas. Concello de Carnota, Organizadora das Xornadas

A inscripción é gratuíta até completar o aforo e pode realizarse a través do correo electrónico gefusc@gmail.com antes do 27 de novembro, indicando colectivo ao que se pertence: mancomunidade de montes, distrito forestal, empresas, estudantes, etc.

As xornadas están organizadas por Otilia Reyes, Mercedes Casal, Juan García Duro e Óscar Cruz, do Grupo de Ecoloxía do Lume da Universidade de Santiago (GEFUSC)

As entidades colaboradoras son: GEFUSC, USC, FEDER, Gobierno de España, Ministerio de Economía y Competitividad, Xunta de Galicia, Consellería de Medio Rural, Asociación Monte Pindo Parque Natural, Concello de Carnota.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Próculo

O imputado Fernández Couto falando de "xestión de áreas incendiadas". Surrealista!