Nova desfeita na Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade

Alguén tirou un pedazo dun dos cubos do monumento.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/11/2017 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Un bo pedazo dun dos cubos da Muralla de Lugo, o situado entre a Porta de San Fernando e a Rúa Nova, resultou moi danado. De feito, unha boa parte desta estrutura milenaria e declarada Patrimonio da Humanidade atópase completamente desprendida. Máis no portal temático Historia de Galicia.

Destrozos na Muralla de Lugo
Destrozos na Muralla de Lugo | Fonte: Lugonovo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Un que sabe e pregunta

A ver se nos informamos antes de botar a lingua a pacer: algunhas pedras do cubo LXXX da Muralla de Lugo foron desmontadas, segundo o planeamento do arquitecto responsable da conservación do monumento e baixo a supervisión dos servizos de patrimonio da Xunta, co fin de proceder ó selado de fendas internas e impermeabilización do solo do adarve nesa zona, coa intención de por fin ás filtracións de auga que ameazaban a conservación desa zona do monumento. As pedras removidas están catalogadas e gardadas e serán devoltas ó seu lugar una vez rematadas as obras.