Por Telmo Martín | | 11/12/2010
Manifesto PONTE UNHA ILUSIÓN
Imaxinamos unha Pontevedra dinámica, activa.
Pensamos que pode ser un lugar agradable
para o ocio e tamén para o traballo.
Queremos unha sociedade que decide o seu futuro
e difunde a innovación, unha cidade conectada e eficiente.
Só nos vale o mellor para Pontevedra.
Porque a queremos. E pedimos máis. Coma ti.
Non aceptas o “non porque non”, o “iso é imposible”,
o “iso non é cousa miña”.
Non te resignas á pasividade, ao sectarismo.
Non cres a propaganda sen feitos.
E sabes que o futuro o creamos en cada momento.
Xa che ofrecemos un proxecto ambicioso no 2007.
A Nova Pontevedra espertou unha nova ilusión.
Pero queremos máis.
Queremos contar contigo.
Ti es un experto en Pontevedra.
Vives o seu día a día.
E para ese problema que non queres seguir aguantando
tes unha solución, pequena ou grande.
Compártea con todos.
Fálanos da túa solución, da mellora que significa.
Teñamos unha conversa plural e aberta.
Na que a túa voz conte, de igual a igual.
Comparte a túa solución.
Entre todos podemos darlle vida.
Entre todos podemos facela realidade.
Con ilusión é posible.
Imaxinemos Pontevedra xuntos.
Non renuncies. Esixe solucións, esixe dinamismo.
A forza está en ti.
Súmate, ponte unha ilusión.