A Coruña e Madrid, unidas na promoción da innovación democrática

Os gobernos locais asinan un convenio de colaboración para poñer en marcha proxectos comúns entre o Laboratorio Cidadán da Coruña, o Co-Lab, e Medialab-Prado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/01/2018 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña e o Ayuntamiento de Madrid colaborarán no desenvolvemento de proxectos comúns para favorecer a participación e a innovación democrática. Así o formalizou a edil Claudia Delso, co responsable da sociedade municipal Madrid Destino e da xestión de espazos culturais en Madrid, Marcos García, a través dun convenio de colaboración que se canalizará a través do Laboratorio Cidadán da Coruña, o Co-Lab, e Medialab-Prado da capital de España.

Manuel Carmena e Xulio Ferreiro.
Manuel Carmena e Xulio Ferreiro.

O laboratorio cidadán madrileño “é un referente mundial no eido da produción, investigación e difusión de proxectos culturais vinculados ás formas de experimentación que xurdiron a través das redes dixitais”, subliñou Delso.

Mediante o acordo, que segundo salienta a edil é “unha oportunidade de aprendizaxe e desenvolvemento mutuo”, ambos gobernos municipais impulsarán a posta en marcha de proxectos e programas conxuntos no ámbito da participación, ademais de cooperar en programas de formación e asesoramento en cuestións relacionadas coa actividade de ambos os dous laboratorios.

Para o axeitado desenvolvemento das actividades que se xeren de maneira conxunta, ambos os dous concellos integrarán unha comisión técnica na que participará unha persoa representante de cada institución.

“A posta en funcionamento dunha institución para a transformación social como o Co-Lab foi unha importante decisión para canalizar as demandas da cidadanía dun xeito diferente, ofrecendo a posibilidade de que sexa ela mesma quen detecte as necesidades do municipio e que propoña as solucións para estas demandas. Contar co apoio dunha referencia neste eido, como é Medialab-Prado, non só é unha oportunidade de aprender e medrar, senón tamén de profundar neste camiño. Temos propostas diferentes e esta colaboración favorecerá o avance e o coñecemento mutuo”, expuxo a responsable municipal coruñesa.

“Os dous laboratorios teñen características especiais nas súas temáticas e proxectos, aspecto que contribúe a xerar importantes sinerxias e espazos para a colaboración”, apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Opa Montoro

Unha botou o concelleiro de Facenda que non quería facer o que mandaba o PP e outro votou o xefe de prensa non se sabe por que. Por que o botou?

5 Toca la gaitiña Iúlius

Jajaja son a repera, son o madroño estes rebeldiyos! Ambitos de participación con Cidadanía de Participación SL e madrileñismo claro. Que veñan os asesores de marketing madrileños.

4 comunista independentista

O mellor deste tipo de novas é ollar a blocallada e os PePerros ladrar rabiosos ao mesmo compás. XDDDD

1 choví chová

Carmena cando era nova tamén foi comunista igual ca ti logo meteuse no Padroádego del PSOE.

2 Cho-vi-ti-to

Vale Cho-vi-ti-to, despois vai chamando espanholeiro aos demais por aí xD

3 mais e mais mareo

mais promoción de expaña e da estulticia, na película EVASION O VICTORIA, saian os futbolistas e os países que pertencian e salía un que decía ESCOCIA a película xa ten moitos anos, en expaña singuen sin recoñecer as nacions como a Galiza, e que democracia teñen neses mandriles con autenticos tarados de policías fascistas e incluso nazis, que ameazan de norte a todo o mundo, seguro que seguirán no cargo e vivindo do conto despois de ser absueltos por algún xuiz do oppus, onde esta a revolución prometida polo podreiros??? non señor non son mais que cortesanos da monoarquia expañolenta, non son mais que "gusanería" e inmundicia!!!

2 Sexismo no tunel da M-30

Unha morea de cartos públicos, para un estudo sobre o "impacto sexita nas obras do tunel da M-30", que sen concurso público foi adicado a un dos coleguis Mareantes, do Madriles de Carmena. O mesmo que Ferreiro fixo co estudo das obras de ampliación de A Vedra. Aparte dunha supina cretinez, xa que mais aló das alegorias de cando un autobus penetra o tunel, non sei que impacto sexista pode ter?. É a continuidade das políticas de enchufismo, malgasto de fondos públicos, cando tanto hai que facer, e clientelismo das vellas políticas, por moi innovadoras e democráticas que lles queras chamar.