O Colexio de Xornalistas pide respecto á intimidade das persoas relacionadas co caso Diana Quer

Lembra aos medios de comunicación a necesidade de respectar o dereito ao anonimato, logo da denuncia dunha das vítimas do principal encausado que se sentía acosada polos xornalistas que agardan por ela diante da súa casa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/01/2018 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lembrou este mércores a necesidade de respectar en todo caso a intimidade das persoas implicadas en feitos noticiosos e o seu dereito a se manter no anonimato e non fornecer información.

Medios diante da sede dos xulgdos de Ribeira onde compareceron o Chicle e a súa muller
Medios diante da sede dos xulgdos de Ribeira onde compareceron o Chicle e a súa muller

Unhas advertencias que chegan “fronte a algunhas malas prácticas constatadas nos últimos días” en relación ao caso Diana Quer, sobre todo, logo do acontecido coa muller que o Chicle supostamente tentou secuestrar en Boiro o pasado 25 de decembro e que provocou a súa detención esa mesma semana. Esta moza chamou ao xulgado de Ribeira para pedir protección fronte ao acoso dos medios de comunicación, apostados diante do seu domicilio.

O propio Código Deontolóxico do Xornalismo Galego recolle no seu sexto punto a necesidade de "recoñecer ás persoas individuais e/ou xurídicas o seu dereito a non proporcionar informacións nin responder preguntas, sen prexuízo do deber dos/as xornalistas de atender o dereito da cidadanía á información".

“O acoso á cidadanía para encher de información os medios de comunicación é unha práctica que non é compatíbel en ningún caso cun xornalismo profesional e responsábel, e menos aínda cando se trata de sucesos que poden provocar dor e secuelas”, suliña o Colexio de Xornalista que insiste en que este tipo de presións deben, pois, ser eliminadas do exercicio da profesión.  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Parece certo o que dixo un por aquí que son o máximo órgano da inquisición xornalística. Dame igual. Entraba para felicitar o día de San Francisco de Sales.