Temas: CAZA XUNTA RAPOSOS

A Xunta financia campionatos de caza por ser “educativos” e “cruciais no desenvolvemento das persoas”

A Secretaría Xeral para o Deporte financiou con 12.000 euros “campionatos galegos de caza”. Tamén a Consellería de Medio Ambiente deu 25.000 euros para “fomentar entre os máis novos os valores ambientais asociados" á caza. E Medio Rural outorgou case medio millón de euros a este sector tras os lumes do pasado outubro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/02/2018 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Xunta financia os campionatos galegos de caza, entre eles, o do raposo, que causou unha forte polémica nos últimos días, xustificando que se trata dunha “ferramenta educativa” e un “elemento crucial no desenvolvemento harmónico das persoa”. Así, quedou rexistrado no convenio asinado en xullo do pasado ano entre o presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, e a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, asinaron o pasado ano un convenio 

Xabarín morto nunha batida
Xabarín morto nunha batida | Fonte: stopcaza.org

Así, a través deste convenio, a Xunta subvencionou con case 27.000 euros as actividades da Federación de Caza. Un diñeiro que se distribuíu en 12.000 euros para campionatos galegos de caza, 8.000 a Rendemento e case 7.000 euros a gastos xerais de funcionamento. Curiosamente, este mesmo sábado haberá campionatos de caza do raposo en Cerdedo, Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada,

O Goberno do PPdeG xustificou o “interese público” destas axudas na “necesidade de promover o deporte” dando cumprimento ao establecido na Lei do deporte de Galicia e, “dada a importancia que ten o deporte na sociedade actual como actividde cidadá voluntaria, como ferramenta educativa, como elemento crucial no desenvolvemento harmónico das persoas e no seu equilibrio físico e psicolóxico e como elemento que contribúe ao establecemento de relacións plens do individuo co grupo e dos grupos entre si”. 

GASTOS DERIVADOS DE COMPETICIÓNS

Estas axudas serviron para financiar campionatos galegos de caza, entre eles o do raposo, e tamén outras actividades de rendemento. Así, no apartado de campionatos, a Xunta financiou gastos derivados da organización destas competicións tales como arbitraxes, alugueiros de instalación, material deportivo, ambulancias, publicidade, carteleira, trofeos, medallas ou equipamentos. 

Cazadores con raposos mortos
Cazadores con raposos mortos | Fonte: Clube de Caza de Pobra do Brollón

No caso de rendemento, para actividades relacionadas con competicións oficiais de caza, a Xunta financiou remuneracións do persoal técnico e as súas correspondentes cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e á Facenda Públicia, incluíndose nestes o director tecnico, adestradores e “outros profesionais de apoio que axuden á mellora do rendemento deportivo (fisioterapeuta, psicólogo, masaxista, nutricionaista..)”. Tamén subvencionou o alugueiro, mantemento, consumo de auga, electricidade, gas e alimentación dos deportistas e adestradores asociados a cada un destes programas e gastos de desprazamento. Finalmente, material e roupa deportiva e gastos de utilización de vehículos, entre outros. 

OUTRAS SUBVENCIÓNS

Non foi a única subvención que recibiu a Federación de Caza. Tamén en xullo do pasado ano a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, e o presidente desta Federación, Javier Nogueira, reeditaron outro convenio para o financiamento público dunha "xornada divulgativa orientada a menores de 30 anos para que coñezan esta actividade como un deporte saudable e sustentable". En total, máis de 25.000 euros para "fomentar entre os máis novos os valores ambientais asociados" á caza, como "o respecto e o coidado do patrimonio natural".

AXUDA LUMES

Precisamente, e logo dos incendios do pasado outubro. A Federación de Caza e colectivos de cazadores tamén se adheriu ás axudas concedidas pola Xunta. Foron 40 solicitudes destinadas a atender os gastos de recuperación e protección dos recursos cinexéticos. Unhas solicitudes polas que recibirán 475.000 euros.

Un diñeiro que contrasta, curiosamente, cos 0 euros recibidos para poñer en valor o patrimonio cultural queimado ou os 129.000 que se destinarán ao sector turístico logo das 12 solicitudes de titulares de establecementos afectados e concellos cuxa sinalización se viu afectada, tal e como recolle a weh Historia de Galicia.

CRÍTICAS DO BNG

Por outra banda, o deputado do BNG, Luís Bará denuncia a “colaboración e apoio institucional do Partido popular” ao campionato  que se celebra este sábado, en catro concellos galegos “gobernados polo Partido popular” e que consiste en “matar o maior número de raposos no menor tempo posible”.  O deputado seguirá rexistrando iniciativas para que cese esta actividade e critica o apoio e colaboración institucional dos concellos de Cerdedo, Cotobade, Campo lameiro, Forcarei e A Estrada.

Temas: CAZA XUNTA RAPOSOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 Manolo do bombo

O que tiñase que subencionar é a caza destes bárbaros semi humans, paificos e corruPPtos a mais non poder.e que están a levar a Galiza a idade de pedra.

4 a nai de bambi

e despois non teñen cartos para a sanidade e matar a estes animaliños e educativo como leer libros o ir o teatro o cine... infame pepeiro, tauromafico pepeiro, porcos e atascados en verdade non se pode decir outra cousa...

1 Fuilco

Te recuerdo que la ciudad taurina gallega por excelencia está gobernada por un alcalde del BNG desde el siglo pasado. Para algo bueno que hacen, no les llames esas cosas tan feas.

3 Fuilco

Pareceme ben. O noxento é que den euros aos catro colgados lusistas que por eiquí perpetran as súas mensaxes.

1 Hermerico

nhnhnhnhnhnhnhnhnhnhnhnhnhnhn

2 Chuck Norris

Os euros sempre forom para os espanholistas, as élites que levarom ao galego a ser visto como um dialecto

2 E o galego

Pero logo non hai cartos para promocionar o galego...

1 Arturo

E de suponer que os cazadores estarán eufóricos despois de matar non sei cantos probes raposos. Non sei coma non lles revolve o estómago ver esas fotos dos cadáveres .Hai xente que ainda vive na edade media.