A ex conselleira Mosquera volve á sanidade pública tras ser apartada por Feijóo en 2015

O seu sucesor no cargo, Jesús Vázquez Almuíña, asinaba o pasado 21 de xaneiro o novo posto de Rocío Mosquera como xerente de Galaria. Facíao dous meses despois de anunciar o seu nome e antes de ter iniciado o proceso público de selección.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/02/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado 22 de xaneiro recollía o nomeamento de Rocío Mosquera, ex conselleira de Sanidade, como nova xerente da empresa pública sanitaria Galaria. Un nomeamento polémico que o seu sucesor no cargo, Jesús Vázquez Almuiña, fixo xa público o pasado 1 de decembro, sen que se tivera iniciado o proceso público de selección.

A exconselleira Rocío Mosquera, nova directora de Galaria
A exconselleira Rocío Mosquera, nova directora de Galaria

O posto estaba vacante desde que, en novembro, pasado Povisa, un centro privado, fichou á anterior xerente de Galaria, María Luisa Brandt, que levaba oito anos neste posto e que pasou a ocupar unha praza de xerente do hospital concertado que estaba vacante desde hai 21 anos.

Foi cando entón Sanidade decidiu recolocar  a Mosquera en Galaria, a quen Feijóo apartou da Consellería tras as polémicas xurdidas antes e despois da apertura do Álvaro Cunqueiro e as masivas protestas contra a xestión sanitaria da Xunta en 2015. Acontecía o pasado 1 de decembro, cando se anunciaba a convocatoria pública para cubrir esa praza e, ese mesmo día, Jesús Vázquez Almuíña xa dicía a persoa que o ía ocupar; Rocío Mosquera.

NOMEADA ANTES DE CONVOCARSE A PRAZA

Aínda que o proceso de selección é por designación directa, coa publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) aínda o 15 de decembro, abríase un prazo de quince días laborais para que os interesados presentasen as súas candidaturas. Un proceso que se pechou hai unha semana coa súa publicación no DOG. 

Alberto Núñez Feijóo e Rocío Mosquera, ex conselleira de Sanidade
Alberto Núñez Feijóo e Rocío Mosquera, ex conselleira de Sanidade | Fonte: xunta.es

Por iso, o PSdeG esixiu "explicacións urxentes" ao Goberno galego por saltarse "todos os procedementos naturais, democráticos, limpos e de transparencia dunha administración". O portavoz de Sanidade no Grupo Socialista, Xulio Torrado, cualificou de "chapuza intencionada" o "salto procedimental". O deputado socialista criticou a "vulneración deliberada" de todas as garantías de limpeza do procedemento co obxecto de "cernar os dereitos das persoas a presentarse a esta praza", por moito que a elección posterior sexa por libre designación.

GALARIA

A Empresa Pública de Servizos Sanitarios Galaria foi creada en 2008 substitución do Instituto Galego de Medicamento Técnico (Medtec), unha entidade que creou o Goberno de Fraga en 1994 para xestionar certas unidades médicas dúas hospitais de Vigo e Ourense e para asesorar ao Sergas na compra de tecnoloxía e nos concursos públicos. 

A pesar de que cando foi creado o PPdeG denunciou que se trataba dun “novo chiringuito” do goberno bipartito, o certo é que os populares utilizaron este novo órgano para “enchufar” a dirixentes populares o ex altos cargos tras a vitoria de Feijóo en 2009.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Anti..

O feixon tivo de padriño ao Romai que viña xa feito do franquismo e agora il é o padriño da mosquera. Galiza é asim.

4 Gamela

Que relación existe entre Galaria e Cualtis http://www.cualtis.com/index.php/no... Precisamos saber como se moven os cartos públicos nos petos privados !

3 antigo reximen

aquí esta a xustiza en expaña, os pepeiros pola rua fagan o que fagan... desde barcenas a mosquita teñen carta branca para facer e desfacer, non ha consecuencias para o pepeiro, desde supostos postos de traballo por sexo, a xuntanzas con narcos en iates de luxo, desde borrar e romper discos (70 veces) discos de ordenador comprometedor a anadar levando cartos a sede do partido ... non ha consecuencias ... o sobres veñen e van... o podreiros consolidou o pepeiro no gobernó...

2 anonimo

Oes, que é unha colega, non vos metades con ela, consigue é unha boa conseguidora e hai que mantela no carro.

1 Revoredo

Poñemos a vulpe a ghardar as ghaliñas.........