Galicia quere poñerse á vangarda da biotecnoloxía

A segunda edición de AgroBiotech situou catro novos produtos no mercado, abriu 11 novas canles de venda e fixo máis de 200 novos contactos e clientes.

Por GC Emprende | Compostela | 06/02/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O biotecnolóxico séguese confirmando como un dos sectores crave para a economía galega. Así se puxo de manifesto na clausura segunda edición de AgroBiotech, unha aceleradora de empresas innovadoras impulsada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e que ofreceu formación especializada e mentorización aos proxectos participantes.

Sede de AgroBiotech, especializada en biotecnoloxía
Sede de AgroBiotech, especializada en biotecnoloxía | Fonte: Nitra24

AgroBiotech é un programa de aceleración dirixido ao impulso e mellora da competitividade das pemes innovadoras galegas en tres sectores estratéxicos: biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa. Patricia Argerey, directora de GAIN, destacou que o biotech é un sector estratéxico para Galicia.

De feito, resaltou que a Estratexia de Biotecnoloxía de Galicia, posta en marcha en 2016, “está consensuada co tecido empresarial, as universidades, centros tecnolóxicos e demais axentes do sector galego” e persegue “maximizar o potencial do tecido empresarial bio, impulsar o seu posicionamento como referente a nivel europeo e apoiar a súa capacidade para exercer un papel tractor sobre os sectores tradicionais. “O resultado é que Galicia é actualmente a terceira comunidade onde máis creceu o sector, o dobre que a media nacional, e a quinta con máis empresas neste ámbito”, indicou tal e como recolle innovaspain.

AUMENTAR O ESPAZO INNOVADOR

O  obxectivo de Agrobiotech pasa por adaptarse ás necesidades de cada empresa e así aumentar o seu potencial innovador, favorecer o desenvolvemento de novos produtos e servizos innovadores, establecer relacións con novos socios e facilitar a transferencia de coñecemento e o intercambio de información,.

Segundo o GAIN, as dúas primeiras convocatorias desta aceleradora contaron xa con 21 empresas e, na segunda edición do programa acaba de terminar, as empresas xa situaron 4 novos produtos no mercado, abriron 11 novas canles de venda e feito máis de 200 novos contactos e clientes.  Tamén destaca que se crearon 70 empregos, a colocación no mercado europeo de 60 novos produtos e un incremento medio na facturación das empresas participantes dun 4%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Despidos improcedentes

E Senra bota unha mauciña coas preguntas antivacinas e o SLG organiza xornadas para mulleres do rural sobre santos e mal de ollos